RCD / NOVAS

O Alevín A abre con dúas vitorias en Portugal unha nova fin de semana de torneos en #ANOSACANTEIRA

21/06/2019 23:51

O Alevín A, único equipo en competición hoxe venres, saíu vitorioso dos seus dous partidos disputados; e pon así un pé e medio na Fase Final.

Así mesmo, o Infantil A coñeceu hoxe venres os seus rivais na Levante Cup, que arranca mañá sábado.

Finalmente, os benxamíns teñen dobre cita, a U10 PT Sports Juniorcup na localidade alemá de Verl e o Torneo Cidade de Vilagarcía no campo Manuel Jiménez de Vilagarcía de Arousa.

O Alevín A suma dúas novas vitorias na Barrinha International Cup de Esmoriz (Portugal)

O Alevín A (na foto principal desta nota) participa desde onte xoves na Barrinha International Cup 2019, na localidade de Esmoriz.

O conxunto deportivista logrou hoxe dúas novas vitorias na Primeira Fase da competición.

O calendario do conxunto deportivista, en horario local (1 hora máis en España), cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Xoves 20 de xuño
ALEVÍN A 6 (Erick, Murilo, Íker, Vergara, David e Rubén) - CD ARRIFANENSE 0

Venres 21 de xuño
ALEVÍN A 3 (Íker -2- e Daniel) - AC CUCUJÃES 0
ALEVÍN A 5 (Xenxo, Murilo, Samuel, Íker e Daniel) - CD FEIRENSE 0

Sábado 22 de xuño
11:40: ALEVÍN A - SC ESMORIZ (campo natural - 1)
15:40: ALEVÍN A - SC ESPINHO (campo sintético - 1)

Os 3 primeiros de grupo pasan á Fase Final; mentres que os restantes do grupo xogarán unha Fase de Consolación.

Os benxamíns do Club, entre Alemaña e Vilagarcía

Dobre cita para os benxamíns deportivistas esta fin de semana. Na localidade alemá de Verl, disputan a U10 PT Sports Juniorcup, con este calendario de partidos:

Sábado 22 de xuño
9:18: DEPORTIVO - SC VERL SCHWARZ
9:54: AC MILAN - DEPORTIVO
10:30: FALUBAZ ZIELONA GORA - DEPORTIVO
11:42: DEPORTIVO - POST SV DETMOLD

Segundo clasificación, os equipos pasarán a unha Segunda Fase, que arranca a continuación.

Pola súa banda, na 7ª edición do Torneo Cidade de Vilagarcía que se xoga no campo Manuel Jiménez de Vilagarcía, o Dépor afronta este calendario:

Sábado 22 de xuño
Primeira Fase
10:35: EFM BOIRO - DEPORTIVO
12:15: CD CUATROVIENTOS - DEPORTIVO
18:35: DEPORTIVO - SD VILLESTRO
20:15: EF DENIS SUÁREZ - DEPORTIVO

Os dous primeiros de grupo pasan a oitavos de final, que se xogan o domingo 23 a partir das 10:30. O terceiro e cuarto clasificado xogará unha Fase de Consolación, ese mesmo domingo 23 a partir das 9:00.

Un infantil branquiazul xoga a Vianense Cup e outro, a Copa Ribadumia

Un equipo infantil do Deportivo desprázase esta fin de semana a Portugal para participar na Vianense Cup Torneio Rodrigo Badana, competición que se disputa no Complexo Desportivo do Estadio Dr. José de Matos, en Viana do Castelo.

O formato de competición inicial será dunha liga todos contra todos.

O calendario de partidos é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 22 de xuño
10:00: AJEF HERNÂNI GONÇALVES - DEPORTIVO
15:00: DEPORTIVO - FC MARINHAS
15:45: SC VIANENSE - DEPORTIVO
17:15: DEPORTIVO - CD MOAÑA

Os catro primeiros xogarán o domingo a Fase Final, a partir das 15:45.

Ademais, outro equipo infantil branquiazul compite na 1ª edición da Copa Ribadumia Clae Viajes, no campo municipal da Senra de Ribadumia.

O Dépor terá estes primeiros rivais: SD Ponferradina, JEF United, CD Íscar e CD Benavente.

O calendario de partidos da Primeira Fase é o seguinte:

Sábado 22 de xuño
11:30: DEPORTIVO - CD ÍSCAR (campo de herba natural)
16:00: DEPORTIVO - SD PONFERRADINA (campo de herba natural)
19:00: DEPORTIVO - JEF UNITED (campo de herba sintética)
21:30: DEPORTIVO - CD BENAVENTE (campo de herba natural)

Os dous primeiros de grupo e os catro mellores terceiros dos seis grupos pasan a oitavos de final, que se xogan o domingo a partir das 11:30. O resto disputará a Clae Viajes Cup, que arranca ese mesmo domingo ás 10:30 horas.

CD San Roque, NRM A e La Unión CF, rivais do Infantil A na Levante Cup 2019

O Infantil A compite esta fin de semana nunha nova edición da Levante Cup 2019, torneo que se disputa nas localidades almerienses de Garrucha, Mojácar, Turre e Vera.

O sorteo da competición foi hoxe venres 21 de xuño con motivo da gala de presentación.

O Infantil A, que xogará os seus partidos en Vera, ten este calendario na Primeira Fase:

Sábado 22 de xuño
12:20: INFANTIL A - CD SAN ROQUE
13:00: INFANTIL A - NRM A
19:00: INFANTIL A - LA UNIÓN CF

Os dous primeiros pasan a oitavos de final, que se xogan o domingo.

O Trofeo Vila das Pontes examina o domingo as forzas de Alevín B e Benxamín B

A 4ª edición do Trofeo Vila das Pontes examinará as forzas do Alevín B e o Benxamín B, o vindeiro domingo 23 de xuño no campo do Poboado.

O Alevín B quedou encadrado na Primeira Fase no grupo C, co Imperátor OAR, Narón Balompé Piñeiros e Viveiro CF.

O calendario do conxunto deportivista é o seguinte:

Primeira Fase
11:00: ALEVÍN B - VIVEIRO CF (campo 1)
13:00: ALEVÍN B - IMPERÁTOR OAR (campo 1)
16:00: ALEVÍN B - NARÓN BALOMPÉ PIÑEIROS (campo 1)

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan a partir das 18:00 horas.

Pola súa banda, o Benxamín B ten como primeiros rivais ao Galicia de Mugardos, CD Cariño e Unión Comercial CF.

O calendario do equipo branquiazul é o seguinte:

Primeira Fase
11:30: GALICIA DE MUGARDOS - BENXAMÍN B (campo 1)
13:30: BENXAMÍN B - UNIÓN COMERCIAL CF (campo 2)
16:30: BENXAMÍN B - CD CARIÑO (campo 2)

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan a partir das 17:30 horas.

O Benxamín B pelexará pola 7ª edición do Torneo Luis Calvo Sanz

O Benxamín B pelexará mañá sábado pola 7ª edición do Torneo Luis Calvo Sanz, no campo das Eiroas (Carballo).

O conxunto deportivista terá como primeiros rivais ao CD Calasanz, EF Luis Calvo Sanz B, Imperátor OAR e Oza Juvenil SD.

O calendario é o seguinte:

Primeira Fase
10:00: BENXAMÍN B - EF LUIS CALVO SANZ B (campo 3)
11:10: OZA JUVENIL SD - BENXAMÍN B (campo 3)
12:20: BENXAMÍN B - CD CALASANZ (campo 4)
13:30: IMPERÁTOR OAR - BENXAMÍN B (campo 2)

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, a partir das 17:00 horas.

O Alevín B e Benxamín B logran a medalla de prata do Torneo Internacional Cidade da Coruña

O Alevín B e o Benxamín B foron subcampións da 28ª edición do Torneo Internacional Cidade da Coruña, Trofeo Juan Manuel Iglesias Mato 'Palau', competición organizada polo Orillamar SD nos campos da Torre.

O Alevín B gañou 5 partidos e só caeu na final pola mínima ante o Ural CF A (0-1), fronte a un rival que aproveitou a súa única oportunidade de gol para levar o trofeo.

Os resultados do Alevín B foron os seguintes:

Primeira Fase
ALEVÍN B 4 (Diego -2-, Anxo e Rubén) - ORILLAMAR SD D 0
ALEVÍN B 2 (Diego e Xabi) - EF LUIS CALVO 0
ALEVÍN B 1 (Pablo) - IMPERÁTOR OAR 0

Cuartos de final
ALEVÍN B 1 (Janusz) - ORILLAMAR SD 0

Semifinais
ALEVÍN B 2 (Diego -2-) - CLUB XESUITINAS 1

Final
ALEVÍN B 0 - URAL CF 1

Pola súa banda, o Benxamín B estivo a gran nivel ante equipos formados no seu maior parte por xogadores un ano maiores.

Os resultados do conxunto deportivista foron os seguintes:

Primeira Fase
BENXAMÍN B 2 (Pablo Somoza e José Quiroga) - EF LUIS CALVO 0
BENXAMÍN B 1 (Javi) - IMPERÁTOR OAR 0
BENXAMÍN B 4 (Hugo, Pablo, Martín Forján e Pablo Somoza) - ORILLAMAR SD A 0

Cuartos de final
BENXAMÍN B 6 (Martín Forján -3-, Javi, Lucas Vázquez e Pablo Somoza) - ATLÉTICO ARTEIXO 1

Semifinal
BENXAMÍN B 4 (Pablo Somoza -2-, Iago Lameiro e Lucas Vázquez) - VICTORIA CF 0

Final
BENXAMÍN B 1 (Rodrigo) - RC CELTA A 3