RCD / NOVAS

O Alevín A acaba quinto na Power Gol Cup, con Manu Berrocal no sete ideal

18/12/2016 18:17

O Alevín A do Deportivo participou este fin de semana en Cornellá (Barcelona) na Power Gol Cup 2016 de fútbol sete, no Estadio Municipal da citada localidade catalá.

O conxunto deportivista acabou nunha máis que meritoria quinta praza despois dun balance de tres partidos gañados, tres empatados e dous perdidos.

Ademais, Manu Berrocal foi incluído no sete ideal do torneo.

O conxunto deportivista participará neste Nadal no Torneo do Ural, que se xoga no campo coruñés de Elviña.

Os resultados en Cornellá foron os seguintes:

Primeira Fase

Venres 16 de decembro
ALEVÍN A 1 (Dani) - SAMPDORIA 1
ESPANYOL 3 - ALEVÍN A 1 (Carlos)

Sábado 17 de decembro
ALEVÍN A 1 (Meki) - MATARÓ 0
VALENCIA 1 - ALEVÍN A 2 (Domínguez e Dani)
ALEVÍN A 8 (Carlos -4-, Marco Baña -3- e Domínguez) - EUROPA 0

Cuartos de final
ALEVÍN A 1 (Manu) - VILLARREAL 3

Partidos polo quinto ao oitavo posto
CORNELLÁ 1 - ALEVÍN A 1 (Noah). A penaltis: 2-3

Domingo 18 de decembro 
ALEVÍN A 1 (Zerfu) - REAL MADRID 1. A penaltis: 6-5