RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A adianta a esta tarde o seu partido ligueiro para participar a fin de semana xunta ao Benxamín A no Torneo Tucho de la Torre

O Alevín A recibe hoxe luns ás 19:00 en Abegondo ao Orillamar SD A en partido correspondente a 6ª xornada no subgrupo 1º de Primeira A Coruña - As Mariñas.

Os branquiazuis comandan a clasificación do subgrupo con 15 puntos, os mesmos que o Atlético Coruña Montañeros CF.

O motivo de que se adiantase este encontro é a participación do Alevín A e do Benxamín A a próxima fin de semana en Marín na VII edición do Torneo Internacional Tucho de la Torre.

O Alevín A quedou encadrado na Primeira Fase co EF Villa de Marín, Pabellón Ourense CF, ED Xuventude de Oroso e o Vitória SC portugués, con este calendario:

Primeira Fase
Sábado 10 de decembro
11:30: ALEVÍN A - EF VILLA DE MARÍN
14:00: ALEVÍN A - PABELLÓN OURENSE CF
17:00: VITÓRIA SC - ALEVÍN A
19:00: ED XUVENTUDE DE OROSO - ALEVÍN A

En función de clasificación, os equipos quedarán emparellados en cuartos de final, que serán o domingo 11 a partir das 9:30 horas.

Pola súa banda, o Benxamín A, que ten xornada de descanso no seu grupo de Primeira A Coruña - As Mariñas, medirase inicialmente ao ED Xuventude de Oroso, Vitória SC, Pabellón Ourense CF e ao campión dunha fase previa.

O calendario do Benxamín A en Marín é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 10 de decembro
11:30: BENXAMÍN A - CAMPIÓN DA FASE PREVIA
14:00: BENXAMÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO
17:00: PABELLÓN OURENSE CF - BENXAMÍN A
19:00: VITÓRIA SC - BENXAMÍN A

En función de clasificación, os equipos quedarán emparellados en cuartos de final, que serán o domingo 11 a partir das 9:30 horas.