RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Alevín A amarra un novo título para #ANOSACANTEIRA, o do grupo norte do Trofeo Conservas Calvo

Esta semana conclúen en #ANOSACANTEIRA a competición ligueira catro equipos: Xuvenil B, Cadete A, Cadete B e Alevín A, este no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

A xornada arrancou hoxe mércores 22 de maio co Alevín A. O conxunto deportivista gañou o seu partido ante o SDCyR Narón O Freixo (2-7) e proclamouse campión do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte. Empatou a 34 puntos co Ural CF A pero avantaxou aos uralistas claramente en diferenza de goles a favor e en contra: +77 os deportivistas por +24 os uralistas.

Desta forma, o Alevín A xogará o vindeiro martes 28 de maio no campo das Eiroas a gran final ante o campión do grupo sur, o RC Celta.

A canteira do Dépor suma 14 títulos esta temporada tralos colleitados anteriormente polo Deportivo ABANCA B (Primeira Autonómica), o Infantil A (Liga Galega grupo norte, Fase polo Título e Final a 4), Infantil B (Primeira Autonómica, grupo 1º), Alevín A (Primeira Comarcal A Coruña, Fase Intermedia do Campionato Galego e grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once), Alevín B (Segunda Comarcal A Coruña e Segunda Fase da Segunda Comarcal), Benxamín A (Primeira Comarcal A Coruña e Fase Intermedia do Campionato Galego) e Benxamín B (Segunda Comarcal A Coruña e Segunda Fase, grupo 1 A Coruña).

Esta fin de semana, os equipos cadetes téñeno decidido de cara aos seus partidos: o A, que recibe ao Pabellón Ourense o sábado (17:00), é subcampión da División de Honra; e o B, que visita o domingo (10:30) ao Racing de Ferrol B, acabará terceiro do grupo norte da Liga Galega.

Por contra, o Xuvenil B xógase a medalla de bronce da Liga Nacional. A falta dese último partido, suma 64 puntos por 65 puntos do CD Conxo Santiago, terceiro. Por conseguinte, os branquiazuis deben gañar o sábado (17:00) ao Pabellón Ourense CF e esperar que o CD Conxo Santiago non gañe o seu partido ante o CD Calasanz na Grela 1, o sábado 25 ás 16:00 horas.

Finalmente, Alevín A e Benxamín A disputan a Fase Final Galega de fútbol 8 no campo das Cachizas en Dena - Meaño (Pontevedra) este sábado 25 de maio; competición á que accederon após proclamarse campións das súas respectivas Fases Intermedias.

O RC Celta será o rival do Alevín A (13:00 horas) e o Cristo de la Victoria SD o do Benxamín A (12:00) nas semifinais.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
Clasificación final: ... 17. Rápido de Bouzas, 38 puntos; 18. AD Unión Adarve, 36 puntos; 19. CDA Navalcarnero, 25 puntos; 20. Fabril, 24 puntos

Categoría xuvenil
34ª xornada, última: XUVENIL B - PABELLÓN OURENSE CF, o sábado 25 de maio ás 17:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: ... 2. CD Calasanz, 71 puntos; 3. CD Conxo Santiago, 65 puntos; 4. Xuvenil B, 64 puntos; 5. Victoria CF, 57 puntos...

Categoría cadete
Amigable: CADETE A 5 (Hugo Suárez -4- e Axel) - CD TORROX (xuvenil) 2

34ª xornada, última: CADETE A - PABELLÓN OURENSE CF, o sábado 25 de maio ás 17:00 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 88 puntos; 2. Cadete A, 82 puntos; 3. Ural CF, 67 puntos...

34ª xornada, última: RACING DE FERROL B - CADETE B, o domingo 26 de maio ás 10:30 na Gándara 2 (Ferrol)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 2. ED Xuventude de Oroso, 80 puntos; 3. Cadete B, 71 puntos; 4. Racing Villalbés e Galicia Caranza, 57 puntos...

Categoría alevín
Fase Final do Campionato Galego no campo das Cachizas (Dena - Meaño)
Sábado 25 de maio
Semifinal
13:00: RC CELTA - ALEVÍN A (campo 2)
O gañador xogará a final e o perdedor a final de consolación, ás 18:00 horas.

13ª xornada, última: SDCyR NARÓN O FREIXO 2 - ALEVÍN A 7 (Murilo -3-, Daniel -2-, Jorge e Cristian)
Clasificación final do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11: 1. Alevín A e Ural CF A, 34 puntos; 3. Victoria CF A, 33 puntos; 4. CD Calasanz A, 28 puntos; 5. EF Luis Calvo Sanz A, 22 puntos...

Categoría benxamín
Fase Final do Campionato Galego no campo das Cachizas (Dena - Meaño)
Sábado 25 de maio
Semifinal
12:00: CRISTO DE LA VICTORIA SD - BENXAMÍN A (campo 2)
O gañador xogará a final e o perdedor a final de consolación, ás 17:00 horas.

14ª xornada: BENXAMÍN B - CD CALASANZ B, o domingo 26 de maio ás 13:00 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º A Coruña: 1. Benxamín B (xa campión), 39 puntos; 2. Victoria CF B, 31 puntos...