RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A arrancou con vitoria a liga no subgrupo A de Primeira A Coruña de fútbol 8

O Alevín arrancou con triunfo (8-0) ante o Orillamar SD a súa participación no subgrupo A de Primeira A Coruña. Raúl -4-, Iago Lameiro -2-, Martín Forján e Antón foron os goleadores branquiazuis.

Alevín A: Martín, Javier Seoane, Hugo González, Pablo Vara, José Quiroga, Iago Lameiro, Antón e Martín Forján. Tamén xogaron: Lucas López, Nico, Raúl, Lucas Vázquez, Guille e Yago Varela.

O cadro deportivista terá como outros rivais ao Atlético Coruña Montañeros CF, Club Xesuitinas, CF Deportivo Orzán e Imperátor OAR.

O formato de competición é de liga a dobre volta. Os tres primeiros clasificados accederán a unha segunda fase, que será outra liga todos contra todos na que entrarán tamén os tres primeiros destes subgrupos: B da Coruña, C das Mariñas, D das Mariñas e E das Mariñas.

A próxima fin de semana, o Alevín A disputará un torneo amigable en Barcelona e, por conseguinte, o seu partido de liga ante o Club Xesuitinas da 2ª xornada queda aprazado.