RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A arrinca a liga ante o Imperátor OAR con goles e boas sensacións

O Alevín A saldou con vitoria (8-0) ante o Imperátor OAR o seu inicio ligueiro no subgrupo 1º de Primeira A Coruña-As Mariñas de fútbol oito.

Os rivais do equipo branquiazul nesta primeira parte da temporada son os seguintes: Atlético Coruña Montañeros CF, CF Deportivo Orzán, Imperátor OAR, Orillamar SD A, Oza Juvenil SD, CD Calasanz, Ural Español CF, Victoria CF e Atlético Castros.

O formato de competición é de liga a dobre volta todos contra todos.

Mario González -3-, Leo Sánchez -2-, Antón Vilariño e Daniel Alonso foron os autores dos goles branquiazuis neste primeiro partido.

Alevín A: Alejandro Pais, Daniel Alonso, Sergio Infante, Mateo Varela, Leo Sánchez, Nico Torres, Yael López e Thiago Montes. Tamén xogaron: Brais Taín, Antón Vilariño, David Ramos, Mario González, Íker Obeso e Manu Alcázar.

O Oza Juvenil SD será o próximo rival do equipo que dirixe Alberto Suárez.