RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A arrinca con vitoria o Trofeo Conservas Calvo de fútbol once

O Alevín A iniciou con triunfo (2-0) en Abegondo ante o Atlético Coruña Montañeros CF, a súa participación no grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once.

O formato de competición é de liga a unha volta. O campión do grupo xogará a final, no mes de maio no campo das Eiroas (Carballo), contra o campión do grupo sur.

Bruno e Cristian foron os autores dos goles branquiazuis na estrea branquiazul nesta competición.

Alevín A: Hugo, Vergara, David, Marcos, Cristian, Xenxo, Samuel, Daniel, Jairo, Jorge e Murilo. Tamén xogaron: Carlos, Erick, Bruno, Rubén, Raúl, Álex e Martín.

A próxima fin de semana, o Alevín A visita ao EF Racing de Ferrol A.