RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A celebra con triunfo ante o CD Calasanz o título da Segunda Fase A Coruña, subgrupo 1º

O Alevín A celebrou cun triunfo (1-2) ante o CD Calasanz o campionato da Segunda Fase A Coruña, subgrupo 1º.

José Quiroga e Guille foron os goleadores branquiazuis nun rifado partido.

A falta dunha xornada, os branquiazuis suman 22 puntos por 13 do seu inmediato perseguidor, o San Tirso SD, que xa acabou a competición ao ter descanso na última data.

Alevín A: Lucas López, Javi Seoane, Nico, Guille, Lucas Vázquez, Gabri, Raúl e Pablo Somoza. Tamén xogaron: Martín Fernández, José Quiroga, Hugo, Antón, Iago Varela e Iago Lameiro.

O Alevín A pecha esta Segunda Fase o xoves 12 de maio ás 19:00 en Abegondo ante o UD Juvenil de Almeiras.

Os resultados do Alevín A nesta competición son os seguintes:

Alevín A 2 (Raúl e Martín Forján) - Club Xesuitinas 1
San Tirso SD 0 - Alevín A 1 (Javi Seoane)
Alevín A 3 (Iago Lameiro -2- e Lucas Vázquez) - CD Calasanz 3
UD Juvenil de Almeiras 0 - Alevín A 13 (Pablo Somoza -4-, Antón -4-, Iago Lameiro -3-, Pablo Vara e Jose Quiroga)
Xesuitinas 1 - Alevín A 7 (José Quiroga -2-, Raúl -2-, Martín Forján, Iago Varela e Lucas Vázquez)
Alevín A 2 (Pablo Vara e Raúl) - San Tirso SD 0
CD Calasanz 1 - Alevín A 2 (José Quiroga e Guille)