RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A conclúe 2021 con triunfo ante o Club Xesuitinas

O Alevín A concluíu o ano 2021 cunha vitoria (1-5) ante o Club Xesuitinas, en partido correspondente á 2ª xornada no subgrupo A de Primeira A Coruña.

Martín Forján -2-, Gabri, Antón e Raúl foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este marcador, o Alevín A suma seis puntos de seis posibles.

Alevín A: Martín, Nico, Javier Seoane, Guille, Lucas Vázquez, Martín Forján, Gabri e Iago Lameiro. Tamén xogaron: Hugo González, Antón, Pablo Vara, Raúl, Lucas López e José Quiroga.

Na próxima xornada, o 8 ou 9 de xaneiro de 2022, o Alevín A enfróntase ao Imperátor OAR.

Os resultados do Alevín A en liga son os seguintes:

Alevín A 8 (Raúl -4-, Iago Lameiro -2-, Martín Forján e Antón) - Orillamar SD 0
Club Xesuitinas 1 - Alevín A 5 (Martín Forján -2-, Gabri, Antón e Raúl)