O Alevín A confirma ante o Oza Juvenil SD as súas boas prestacións
O Alevín A confirmou ante o Oza Juvenil SD (0-8) as súas boas prestacións, con motivo da 2ª xornada no subgrupo 1º de Primeira A Coruña-As Mariñas de fútbol oito.
Antón Vilariño -2-, Íker Obeso -2-, Mario González, Yael López, Sergio Infante e Daniel Alonso foron nesta ocasión os goleadores branquiazuis.
Con este resultado, o Alevín A suma 6 puntos de 6 posibles e instálase no grupo de cabeza.
Alevín A: Brais Taín, David Ramos, Antón Vilariño, Yael López, Manu Alcázar, Nico Torres, Íker Obeso e Mario González. Tamén xogaron: Daniel Alonso, Sergio Infante, Mateo Varela, Thiago Montes e Leo Sánchez.
A próxima fin de semana, o equipo que prepara Alberto Suárez enfróntase ao Ural Español CF.
Os resultados do Alevín A en liga foron os seguintes até a data:
Alevín A 8 (Mario González -3-, Leo Sánchez -2-, Antón Vilariño e Daniel Alonso) - Imperátor OAR 0 Oza Juvenil SD 0 - Alevín A 8 (Antón Vilariño -2-, Íker Obeso -2-, Mario González, Yael López, Sergio Infante e Daniel Alonso)