RCD / NOVAS

O Alevín A conquista in extremis o título do grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11

22/05/2019 21:03

O conxunto deportivista gañou o seu partido ante o SDCyR Narón O Freixo (2-7) e proclamouse campión do grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11. Murilo -3-, Daniel -2-, Jorge e Cristian foron os autores dos goles branquiazuis decisivos.

Co resultado deste choque correspondente á 13ª xornada e última, o Alevín A empatou a 34 puntos co Ural CF A, pero avantaxou aos uralistas claramente en diferenza de goles a favor e en contra: +77 os deportivistas por +24 os uralistas.

É o terceiro título esta temporada para o equipo que prepara Roberto Veres, após gañar anteriormente a Primeira Comarcal A Coruña e a Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8.

Alevín A: Martín, Vergara, Marcos, Samuel, Raúl, Bruno, Jairo, David, Daniel, Jorge e Murilo. Tamén xogaron: Hugo, Carlos, Erick, Rubén, Álex, Xenxo e Cristian.

Así pois, o Alevín A xogará o vindeiro martes 28 de maio no campo das Eiroas de Carballo a gran final do Trofeo ante o campión do grupo sur, o RC Celta.

Antes, o sábado 25 de maio, o Alevín A pelexará polo trono galego de fútbol 8 en Meaño (Pontevedra), co RC Celta como primeiro rival nunha das semifinais (13:00 horas).

Os resultados do Alevín A na presente edición do Trofeo Conservas Calvo foron os seguintes:

Alevín A 2 (Bruno e Cristian) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
Escuela Fútbol Racing de Ferrol A 0 - Alevín A 9 (Murilo -3-, Daniel -2-, Cristian -2-, Jorge e David)
Ural CF A 0 - Alevín A 6 (Rubén -2-, Jorge, Daniel -2- e Bruno)
Alevín A 11 (Bruno -2-, Jorge, Erick -2-, Murilo, Daniel, David, Marcos, Raúl e Rubén) - Galicia de Caranza 0
SD Residencia A 1 - Alevín A 7 (Álex, David, Jorge, Murilo, Cristian, Erick e Carlos)
Alevín A 5 (Bruno, Rubén, Jorge, Daniel e Álex) - Oza Juvenil SD 1
CD Calasanz A 3 - Alevín A 3 (Samuel, Jorge e Bruno)
Alevín A 1 (Jorge) - Victoria CF A 2
EF Luis Calvo Sanz A 0 - Alevín A 9 (Murilo -4-, Jorge Santiago -2-, Marcos, Daniel e David)
Alevín A 17 (Rubén -5-, Daniel -4-, Bruno -3-, Cristian -2-, Álex, Xenxo e Vergara) - Atlético Arteixo A 1
CD Lugo A 1 - Alevín A 5 (David, Daniel, Jorge Santiago, Murilo e Rubén)
Alevín A 7 (Daniel -2-, Murilo -2-, Jairo, Samuel e Álex) - San Tirso SD A 1
SDCyR Narón O Freixo 2 - Alevín A 7 (Murilo -3-, Daniel -2-, Jorge e Cristian)