RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A culmina ante o UD Juvenil de Almeiras unha segunda fase espléndida

O Alevín A culminou (12-0) ante o UD Juvenil de Almeiras unha exitosa Segunda Fase A Coruña no seu subgrupo 1º.

Antón -3-, Iago Lameiro -2-, Pablo Vara -2-, Pablo Somoza -2-, Lucas Vázquez, Gabri e Martín Forján foron os goleadores nun partido sen apenas historia.

Alevín A: Martín Fernández, Hugo, Javi Seoane, José Quiroga, Pablo Vara, Martín Forján, Iago Lameiro e Antón. Tamén xogaron: Lucas López, Lucas Vázquez, Pablo Somoza, Iago Varela, Guille e Gabri.

Con este resultado, o Alevín A, xa campión fai varias xornadas, alcanzou os 25 puntos, con 7 vitorias, 1 empate e ningunha derrota. Os deportivistas marcaron nos 8 partidos 42 goles e encaixaron 6.

O equipo branquiazul encarará a partir do sábado 21 a Fase Intermedia do Campionato Galego, á que accede como campión deste subgrupo 1º da Segunda Fase.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Alevín A 2 (Raúl e Martín Forján) - Club Xesuitinas 1
San Tirso SD 0 - Alevín A 1 (Javi Seoane)
Alevín A 3 (Iago Lameiro -2- e Lucas Vázquez) - CD Calasanz 3
UD Juvenil de Almeiras 0 - Alevín A 13 (Pablo Somoza -4-, Antón -4-, Iago Lameiro -3-, Pablo Vara e José Quiroga)
Xesuitinas 1 - Alevín A 7 (José Quiroga -2-, Raúl -2-, Martín Forján, Iago Varela e Lucas Vázquez)
Alevín A 2 (Pablo Vara e Raúl) - San Tirso SD 0
CD Calasanz 1 - Alevín A 2 (José Quiroga e Guille)
Alevín A 12 (Antón -3-, Iago Lameiro -2-, Pablo Vara -2-, Pablo Somoza -2-, Lucas Vázquez, Gabri e Martín Forján) - UD Juvenil de Almeiras 0