O Alevín A defenderá as cores branquiazuis na cidade alemá de Schwelm
O Alevín A participará na localidade alemá de Schwelm (Alemaña) este sábado e domingo na Fritz Eckhardt Weichnachtscup 2018.
O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase con estes equipos: Altinordu FK (Turquía), KAS Eupen (Bélxica) e os conxuntos alemáns Hertha BSC, FC Köln, VfL Bochum e Wuppertaler SV.
O calendario de partidos do Alevín A de Roberto Veres é o seguinte:
Primeira Fase Sábado 15 de decembro 13:45: ALEVÍN A - WUPPERTALER SV 14:30: VfL BOCHUM - ALEVÍN A 15:30: FC KÖLN - ALEVÍN A 16:15: ALEVÍN A - KAS EUPEN 17:15: HERTHA BSC - ALEVÍN A 18:00: ALEVÍN A - ALTINORDU FK
A partir de aí, segundo clasificación, os equipos pasan a unha Segunda Fase.
Por este motivo, o partido da Primeira Comarcal A Coruña entre o CD Calasanz A e o Alevín A, correspondente á 10ª xornada, trasládase do sábado 15 de decembro ao sábado 22 ás 13:00 horas, en escenario por fixar.
O Alevín B, no Torneo Internacional Media Gol Cup 2018 de Cornellá
O Alevín B do Dépor participa no IX Torneo Internacional Media Gol Cup 2018, que se xoga no Nou Municipal de Cornellá (Barcelona) do venres 14 ao domingo 16 de decembro.
O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo 1, co Real Madrid CF, Girona FC, Kawasaki Frontale (Xapón) e o Gimnàstic Manresa.
O calendario de partidos do Alevín B é o seguinte:
Primeira Fase Venres 14 de decembro 11:00: ALEVÍN B - GIMNÀSTIC MANRESA (campo 3) 14:30: GIRONA FC - ALEVÍN B (campo 2) 17:00: REAL MADRID CF - ALEVÍN B (campo 1) 18:00: ALEVÍN B - KAWASAKI FRONTALE (campo 2)
Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que arrancan ás 20:30 horas do venres 15. Os outros 3 equipos xogarán unha Fase de Consolación para ditaminar a súa posición final no torneo, o venres 15 pero a partir das 8:30 horas.
Por este motivo, o partido da Segunda Comarcal A Coruña entre o Orillamar SD B e o Alevín B, correspondente á 7ª xornada, trasládase do sábado 15 de decembro ao martes 18 de decembro ás 19:00 horas en Abegondo.