RCD / NOVAS

O Alevín A exhibe en Lugo o seu potencial ofensivo con 7 goleadores distintos

17/03/2019 13:23

O Alevín A exhibiu o seu potencial ofensivo (1-7) en Lugo ante a SD Residencia A, en partido correspondente á 5ª xornada no grupo norte do Trofeo Luis Calvo Sanz de fútbol 11.

Os 7 goles branquiazuis foron anotados por 7 xogadores distintos: Álex, David, Jorge, Murilo, Cristian, Erick e Carlos; o que demostra o poder ofensivo do cadro que dirixe Roberto Veres.

Con este marcador, o Alevín A lidera o grupo con 15 puntos, os mesmos que o Victoria CF A.

A próxima fin de semana, o Alevín A recibe en Abegondo ao Oza Juvenil SD A.

Os resultados do Alevín A nesta competición son os seguintes:

Alevín A 2 (Bruno e Cristian) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
Escuela Fútbol Racing de Ferrol A 0 - Alevín A 9 (Murilo -3-, Daniel -2-, Cristian -2-, Jorge e David)
Ural CF A 0 - Alevín A 6 (Rubén -2-, Jorge, Daniel -2- e Bruno)
Alevín A 11 (Bruno -2-, Jorge, Erick -2-, Murilo, Daniel, David, Marcos, Raúl e Rubén) - Galicia de Caranza 0
SD Residencia A 1 - Alevín A 7 (Álex, David, Jorge, Murilo, Cristian, Erick e Carlos)