RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A gana a Fase Local da Danone Cup e o Benxamín B o Trofeo de Cerceda

O Alevín A e o Benxamín B foron protagonistas hoxe sábado en Abegondo e o campo do Roxo de Cerceda.

Así, a cidade deportiva do RC Deportivo foi o escenario da Fase Previa da Danone Cup de categoría alevín. O campéon, que foi o Alevín A, representará á Coruña na Fase Final en Barcelona.

O Dépor participou cos seus dous equipos de alevíns nunha competición que arrancou ás 9:30 e finalizou ás 18:10 coa disputa da gran final, todo iso no campo 7.

Os resultados do Alevín A, brillante vencedor, foron os seguintes:

Primeira Fase
ALEVÍN A 2 (Noah e Zerfu) - VICTORIA 1
ALEVÍN A 7 (Mella -2-, Monteagudo -3-, Manu e Carlos) - IMPERÁTOR 0
ALEVÍN A 6 (Meki -2-, Yago -2-, Diego e Mella) - CALASANCIO 0

Semifinal
ALEVÍN A 2 (Meki e Noah) - LUGO 0

Final
ALEVÍN A 2 (Meki e Diego) - URAL 1

E os resultados do Alevín B, que caeu na Primeira Fase a pesar de non perder nin un partido, foron estes:

Primeira Fase
ALEVÍN B 1 (Samuel) - CALASANZ 1
ALEVÍN B 1 (Óscar) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 1
ALEVÍN B 2 (Jorge e Samuel) - SAN TIRSO 1

O Benxamín B, xusto vencedor do Torneo do Cerceda

O Benxamín B do Deportivo participou hoxe sábado 6 de maio no Torneo de Cerceda, que se disputou no campo do Roxo.

O conxunto deportivista que prepara David Lagar adxudicouse o trofeo, con enorme mérito posto que todos os rivais eran un ano superiores en idade aos futbolistas branquiazuis, co que iso leva nesta categoría.

Os resultados do Benxamín B foron os seguintes:

Primeira Fase
BENXAMÍN B 3 (Eder, Anxo e Nico) - EF LUIS CALVO 1
BENXAMÍN B 1 (Rubén) - UD PAIOSACO 0
BENXAMÍN B 1 (Rubén) - OLÍMPICO CF 0

Semifinais
BENXAMÍN B 4 (Diego -2-, Raúl e Nico) - SAN TIRSO A 1

Final
BENXAMÍN B 7 (Diego -4-, Íker, Guille e Raúl) - LUGO A 1