RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A gana ao San Tirso SD e amarra a primeira praza do subgrupo 1º da Segunda Fase A Coruña

O Alevín A impúxose (2-0) ao San Tirso SD na 8ª xornada da Segunda Fase A Coruña, no seu subgrupo 1º, e amarra a primeira praza a falta de dous partidos máis por disputarse.

Pablo Vara e Raúl foron os autores dos goles branquiazuis neste equilibrado partido.

Con este resultado, o conxunto branquiazul suma 19 puntos e un partido menos que o seu inmediato perseguidor, o San Tirso SD, que queda con 13 puntos.

Alevín A: Lucas López, Guille, Nico, José Quiroga, Antón, Pablo Somoza, Iago Varela e Gabri. Tamén xogaron: Martín Fernández, Lucas Vázquez, Raúl, Martín Forján, Pablo Vara e Javi Seoane.

A fin de semana do 7 e 8 de maio, o Alevín A mídese ao CD Calasanz.

Os resultados do Alevín A nesta competición son os seguintes:

Alevín A 2 (Raúl e Martín Forján) - Club Xesuitinas 1
San Tirso SD 0 - Alevín A 1 (Javi Seoane)
Alevín A 3 (Iago Lameiro -2- e Lucas Vázquez) - CD Calasanz 3
UD Juvenil de Almeiras 0 - Alevín A 13 (Pablo Somoza -4-, Antón -4-, Iago Lameiro -3-, Pablo Vara e Jose Quiroga)
Xesuitinas 1 - Alevín A 7 (José Quiroga -2-, Raúl -2-, Martín Forján, Iago Varela e Lucas Vázquez)
Alevín A 2 (Pablo Vara e Raúl) - San Tirso SD 0