RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Alevín A gana o Ciudad de La Coruña e o Benxamín A avanza no Mini Teresa Herrera

Sen descanso, #ANOSACANTEIRA encara desde onte luns 27 de xuño a participación nos cuartos de final do Mini Teresa Herrera e conseguiu dous ouros na XXX edición do Torneo Ciudad de La Coruña na Torre, organizado este último polo Orillamar SD.

O Benxamín A xa está en semifinais do Mini Teresa Herrera

O Ural Español CF e o CD Calasanz foron os rivais do Fabril FC Benxamín e Benxamín A respectivamente nos cuartos de final do Mini Teresa Herrera, torneo cuxa final se xoga no Estadio ABANCA-RIAZOR como preámbulo ás finais feminina e masculina.

Hoxe martes, o Benxamín A impúxose (7-0) ao CD Calasanz e clasificouse para as semifinais de mañá mércores ante o Orillamar SD, ás 18:00 na Grela, tamén a partido único

Onte luns, os fabrilistas caeron cos uralistas (5-0) e quedaron apeados do torneo. Con este partido, o Fabril FC Benxamín pon o punto e final á temporada 2021-22.

En oitavos de final, os fabrilistas eliminaron ao Victoria CF e o Benxamín A ao Sporting Coruñés SD.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Cuartos de final
URAL ESPAÑOL CF 5 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
BENXAMÍN A 7 (Hugo Macedo -2-, Hugo Pousa -2-, Iván Gil, Martín López e David Gómez) - CD CALASANZ 0

Semifinal
BENXAMÍN A - ORILLAMAR SD, mañá mércores ás 18:00 na Grela

O Alevín A emula ao Benxamín A e tamén gaña o Trofeo Ciudad de La Coruña

Dous equipos, Benxamín A e Alevín A, participaron na XXX edición do Torneo Internacional Ciudad de La Coruña que organiza o Orillamar SD nos campos da Torre.

Hoxe martes 28 entrou en xogo o Alevín A, que tivo como rivais iniciais no grupo A da Primeira Fase ao Silva SD, Sporting Cambre e Orillamar SD C. Despois de quedar campión de grupo, os branquiazuis superaron ao UD Almeiras (cuartos de final), Sporting Coruñés SD (semifinais) e ED Xuventude de Oroso (final).

O deportivista Gabri Abruñedo foi elixido o mellor xogador do trofeo nesta categoría.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Primeira Fase
ALEVÍN A 6 (Iago Lameiro -2-, Gabri -2- e Raúl) - SILVA SD 0
ALEVÍN A 12 (Raúl -4-, Martín Forján -2-, Guille -2-, Pablo Somoza, Iago Lameiro, Antón e Gabri) - ORILLAMAR SD C 0
ALEVÍN A 4 (Antón, José Quiroga, Guille e Raúl) - SPORTING CAMBRE 0

Cuartos de final
ALEVÍN A 2 (Martín Forján e Antón) - UD ALMEIRAS 0

Semifinal
ALEVÍN A 5 (Raúl -2-, Martín Forján -2- e Iago Lameiro) - SPORTING CORUÑÉS SD 0

Final
ALEVÍN A 5 (Gabri -3-, Pablo Somoza e Raúl) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0

Onte luns 27 de xuño a quenda foi para o Benxamín A, que quedou encadrado no grupo D da Primeira Fase co UD Carral, Sporting Coruñés SD e Orillamar SD C.

Os branquiazuis dominaron o torneo. Após quedar campións do seu grupo, venceron ao Galicia Caranza (cuartos de final), ED Luis Calvo Sanz (semifinais) e Victoria CF (final).

O deportivista Nacho Villanueva foi elixido mellor xogador.

Os resultados do Benxamín A foron os seguintes:

Primeira Fase
BENXAMÍN A 10 (Nacho Villanueva -5-, David Gómez-2-, Iván Gil -2- e Hugo Pousa) - UD CARRAL 0
BENXAMÍN A 8 (David Gómez -2-, Brais Martínez-2-, Hugo Macedo -2-, Hugo Pousa e Nacho Villanueva) - ORILLAMAR SD C 0
BENXAMÍN A 9 (Nacho Villanueva -3-, Brais Martínez -2-, Hugo Pousa -2-, Jorge Fernández e David Gómez) - SPORTING CORUÑÉS SD 0

Cuartos de final
BENXAMÍN A 6 (David Gómez -2-, Hugo Macedo, Nacho Villanueva, Iván Gil e Martín López) - GALICIA DE CARANZA 1

Semifinal
BENXAMÍN A 5 (David Gómez -2-, Nacho Villanueva -2- e Iván Gil) - ED LUIS CALVO SANZ 1

Final
BENXAMÍN A 4 (Martín López, Hugo Macedo, Iván Gil e Nacho Villanueva) - VICTORIA CF 1