RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Alevín A gana o Torneo Ciudad de A Coruña e o Alevín B xa está en cuartos da Sella Cup 2018

Cinco equipos de #ANOSACANTEIRA (Deportivo ABANCA B, Infantil A, Alevín A, Alevín B e Benxamín A) participan desde onte mércores 27 de xuño en 2 torneos amigables, un na Coruña; e o outro nas localidades asturianas de Arriondas, Ribadesella e Cangas de Onís.

Hoxe xoves na 27ª edición do Torneo Internacional Cidade da Coruña, Trofeo Juan M. Iglesias Mato 'Palau'; competición que se desenvolve na Cidade Deportiva da Torre organizada polo Orillamar SD, a quenda foi para o Alevín A.

O conxunto deportivista, do mesmo xeito que onte o Benxamín A, fixo valer a súa condición de campión galego e adxudicouse o torneo con solvencia.

Ademais, o capitán Dani Estévez foi nomeado mellor xogador.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Primeira Fase
ORILLAMAR B 0 - ALEVÍN A 6 (Héctor, David -2-, Noe, Pablo e Almon)
ALEVÍN A 8 (Lucas -2-, Héctor -2-, David -2- e Pablo -2-) - SILVA SD 0
ALEVÍN A 10 (Dani -2-, Guerrero -2-, Héctor -2-, David -2-, Álvaro e Samu) - CD CALASANZ 1

Cuartos de final
ALEVÍN A 11 (David -3-, Pablo -3-, Noe, Héctor, Álvaro, Oreiro e Lucas) - CALASANZ 0

Semifinal
ALEVÍN A 6 (Héctor, David, Samuel -2-, Iván e Guerrero) - LUIS CALVO 0

Final
ALEVÍN A 5 (Almon -2-, Pablo e Lucas -2-) - XUVENTUDE OROSO 0

O Infantil A xogará mañá venres 29. Os seus partidos durarán 30 minutos salvo a final, con dous tempos de 25 minutos. Os seus primeiros rivais, no grupo A, serán o Orillamar A, o Bergantiños e o Juventude Pedras Salgadas.

O calendario da Primeira Fase do conxunto branquiazul é o seguinte:

15:30: ORILLAMAR A - INFANTIL A (campo 1)
17:45: BERGANTIÑOS - INFANTIL A (campo 3)
18:30: INFANTIL A - JUVENTUDE PEDRAS SALGADAS (campo 1)

Os dous primeiros de grupo acceden ás semifinais, que comezarán ás 19:15 horas

O primeiro en entrar en xogo na Torre onte mércores foi o Benxamín A, que logrou o título sen encaixar un só gol en 6 partidos. Ademais, o deportivista Mosquera foi elixido mellor xogador do torneo.

Con este torneo, o Benxamín A finaliza a súa exitosa temporada 2017-18.

Os resultados do equipo que prepara Pablo Barros foron os seguintes:

Primeira Fase
ORILLAMAR C 0 - BENXAMÍN A 5 (Mosquera, Janusz, Anxo, Diego e Eder)
BENXAMÍN A 6 (Mosquera, Anxo, Guille, Janusz, Diego e Eder) - GALICIA DE MUGARDOS 0
BENXAMÍN A 9 (Anxo -2-, Raúl -2-, Guille, Janusz, Leandro, Íker e Diego) - CD CALASANZ 0

Cuartos de final
BENXAMÍN A 7 (Rilo -2-, Guille, Xabi, Anxo, Diego e Eder) - ORZÁN SD 0

Semifinal
ORILLAMAR 0 - BENXAMÍN A 8 (Íker -2-, Diego -2-, Balbas, Mosquera, Anxo e Leandro)

Final
BENXAMÍN A 1 (Anxo) - VICTORIA 0

Deportivo ABANCA B e Alevín B debutaron hoxe xoves na Sella Cup 2018

O Deportivo ABANCA B e o Alevín B xogan desde hoxe xoves 27 de xuño a Sella Cup 2018, un torneo que ten lugar nas localidades asturianas de Arriondas, Cangas de Onís e Ribadesella.

En categoría feminina, as rivais dun Deportivo ABANCA B reforzado con xogadoras do Milagrosa, Portonovo e UD Ribeira, son o Oviedo, Atlético de Madrid, UD Llanera e Femiastur.

O calendario do cadro deportivista, que chega ao torneo após conseguir a Copa Galega de Primeira Autonómica, é o seguinte:

Primeira Fase
Xoves 28 de xuño
DEPORTIVO ABANCA B 5 (Lara, Alba Martínez, María Calvo -2- e Patri) - UD LLANERA 1

Venres 29 de xuño
10:30: OVIEDO - DEPORTIVO ABANCA B, en Arriondas
13:30: DEPORTIVO ABANCA B - FEMIASTUR, en Ribadesella
18:30: DEPORTIVO ABANCA B - ATLÉTICO DE MADRID, en Arriondas

Os catro primeiros de grupo xogan entre si as semifinais, que comezarán o sábado 30 ás 15:30 horas en Arriondas.

Pola súa banda, o Alevín B clasificouse hoxe mesmo para os cuartos de final, que se xogarán este sábado 30 de xuño ás 10:00 horas.

O calendario da Primeira Fase para o equipo branquiazul, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Xoves 28 de xuño
EF ORIENTE 1 - ALEVÍN B 3 (Dani, Bruno e Eli)
ALEVÍN B 5 (Dani -2-, Marcos, Eli e Xenxo) - DÍNAMO GUADALAXARA 0

Sábado 30 de xuño
Cuartos de final
10:00: ALEVÍN B - RIVAL POR DETERMINAR