RCD / NOVAS

O Alevín A mantense no liderado do Trofeo Consevas Calvo após derrotar ao EF Racing de Ferrol A

16/02/2020 12:35

O Alevín A impúxose (5-1) ao EF Racing de Ferrol A e mantense no máis alto da clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, no seu grupo norte, con 9 puntos de 9 posibles. Só o Atlético Coruña Montañeros CF A e Ural CF A aguantan o ritmo dos deportivistas e tamén suman 9 puntos, aínda que con peor diferenza de goles.

Ante os ferroláns, Anxo -2-, Borja -2- e un futbolista do EF Racing de Ferrol A en propia meta foron os autores dos tantos branquiazuis.

Alevín A: Rodrigo, Xabi, Marcos, Íker, Janusz, Guillermo, Nico, David, Balbas, Frank e Anxo. Tamén xogaron: Joel, Lucas, Borja e Sergio.

O domingo 1 de marzo, o Alevín A visitará na Coruña ao Oza Juvenil SD A.

Os resultados do Alevín A no trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 son os seguintes:

Alevín A 6 (Diego -4-, Íker e Lucas) - CD Calasanz 0
ED Luis Calvo Sanz A 1 - Alevín A 9 (Anxo -3-, Janusz, Rubén, Pablo, Diego, Yago e Nico)
Alevín A 5 (Anxo -2-, Borja -2- e un futbolista rival en propia meta) - EF Racing de Ferrol A 1