RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A pelexará pola 12ª edición do Torneo Talleres Castiñeira

O Alevín A parte como un dos favoritos á medalla de ouro da 12ª edición do Torneo Talleres Castiñeira, cuxa Fase Final se xoga este domingo 24 de xuño no campo vigués do Vao, organizado polo Coruxo FC.

O conxunto branquiazul quedou encadrado na primeira parte da competición no grupo C, co Rápido de Bouzas, ED Val Miñor e Independiente CF.

O calendario de partidos do Alevín A é o seguinte:

Primeira Fase
11:30: ED VAL MIÑOR - ALEVÍN A (campo 1)
13:00: ALEVÍN A - INDEPENDIENTE (campo 2)
16:00: ALEVÍN A - RÁPIDO DE BOUZAS (campo 2)

Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que comezan ás 17:15; mentres que os outros dous equipos xogarán unha Fase de Consolación, esta a partir das 18:15 horas.

O Benxamín B busca revalidar o título da Barrinha International Cup 2018 en Portugal

O Benxamín B participa desde mañá xoves 21 de xuño na Barrinha International Cup 2018, competición organizada polo Sporting Clube Esmoriz no Estadio da Barrinha de Esmoriz (Portugal). O obxectivo branquiazul é revalidar o título logrado en 2017 ante as mellores canteiras lusas.

O conxunto deportivista quedou nesta edición encadrado no grupo B da súa categoría, co CF Os Belenenses, Anadia FC, União FCI Tomar, CD Paços de Brandão e CG Paramos.

O calendario de partidos da Primeira Fase, sempre en horario luso (unha hora máis en España), é o seguinte:

Xoves 21 de xuño
19:00: CF OS BELENENSES - BENXAMÍN B (campo natural 1)
21:40: BENXAMÍN B - UNIÃO FCI TOMAR (campo natural 2)

Venres 22 de xuño
19:40: BENXAMÍN B - CG PARAMOS (campo sintético 2)
21:00: BENXAMÍN B - ANADIA FC (campo natural 1)

Sábado 23 de xuño
12:20: BENXAMÍN B - CD PAÇOS DE BRANDÃO (campo sintético 1)

O primeiro e o cuarto clasificado de grupo pasan directamente a cuartos de final; mentres que os demais equipos terán que xogar oitavos de final, o mesmo sábado 23 de xuño a partir das 19:40.

Os cuartos de final arrincarán o domingo 24 ás 11:30 horas.

O Infantil A, á Levante Cup

O Infantil A, subcampión galego, competirá na Levante Cup 2018, un torneo de fútbol 11 que se disputa en Almería, en catro sedes (Garrucha, Mojácar, Turre e Vera), do venres 22 ao domingo 24 de xuño.

O sorteo do calendario de competición será o mesmo venres, no transcurso do acto de presentación dos participantes. Haberá unha Primeira Fase que se xoga baixo o sistema de liguiña. A continuación, os dous primeiros de grupo pasan á Fase polo Título e os dous seguintes, a unha Fase de Consolación.