RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A proclamouse hoxe subcampión do Torneo Internacional Tucho de la Torre en Marín

O Benxamín A e o Alevín A do Deportivo integraron o cartel da sexta edición do Torneo Internacional Tucho de la Torre, competición que se desenvolveu entre o pasado luns e hoxe mércores, ambos os días festivos, no Campo Municipal de San Pedro en Marín.

Hoxe a quenda foi para o Alevín A, que tivo como rivais iniciais na Primeira Fase ao CD Lugo, Coruxo FC, EF Villa de Marín, CD Choco e Arosa SC. Os branquiazuis foron subcampións após caer co RC Celta na final (3-1) da categoría.

Os seus resultados foron os seguintes:

Primeira Fase
ALEVÍN A 4 (Martín Forján, Hugo González, Lucas Vázquez e Gabriel Abruñedo) - CD LUGO 1
CORUXO FC 0 - ALEVÍN A 0
ALEVÍN A 7 (Iago Lameiro -2-, Gabriel Abruñedo -2-, Martín Forján, José Quiroga e Pablo Vara) - EF VILLA DE MARÍN 0
CD CHOCO 0 - ALEVÍN A 3 (Iago Lameiro, Pablo Vara e Álex Martínez)
ALEVÍN A 4 (Guillermo Gil, Antón Caamaño, Iago Lameiro e José Quiroga) - AROSA SC 2

Cuartos de final
ALEVÍN A 4 (Antón Caamaño -2- e Álex Martínez -2-) - CD CONXO SANTIAGO 0

Semifinais
ALEVÍN A 1 (Gabriel Abruñedo) - PABELLÓN OURENSE CF 1. Por penaltis: 2-1

Final
ALEVÍN A 1 (José Quiroga) - RC CELTA 3

O pasado luns, o Benxamín A logrou tamén unha meritoria medalla de prata. O conxunto deportivista só foi superado polo RC Celta nunha axustada final: 3-2.

Os seus resultados foron os seguintes:

Primeira Fase
BENXAMÍN A 3 (Martín López, Iván Gil e Hugo Pousa) - CD LUGO 0
CORUXO FC 0 - BENXAMÍN A 3 (Jorge Fernández, Álvaro Gómez e Hugo Macedo)
BENXAMÍN A 9 (Nacho Villanueva -4-, Hugo Luaces -2-, Álvaro Gómez, Hugo Pousa e Hugo Macedo) - EF VILLA DE MARÍN 0
CD CHOCO 0 - BENXAMÍN A 7 (Álvaro Gómez -2-, Nacho Villanueva -2-, Hugo Macedo -2- e Jorge)
BENXAMÍN A 6 (Nacho Villanueva -2-, David Gómez -2-, Álvaro Gómez e Jorge Fernández) - AROSA SC 1

Cuartos de final
BENXAMÍN A 3 (Nacho Villanueva, Álvaro Gómez e Hugo Macedo) - EF PORTERO 2000 0

Semifinal
BENXAMÍN A 3 (Álvaro Gómez -2- e Hugo Macedo) - PABELLÓN OURENSE CF 0

Final
BENXAMÍN A 2 (Álvaro Gómez -2-) - RC CELTA 3