RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A resolve con claridade o seu choque ante o Imperátor A

Con comodidade (14-0) liquidou o Alevín A seu partido da 3ª xornada do grupo 1º da Primeira Comarcal A Coruña ante o Imperátor A. Pablo -4-, Héctor -3-, Óscar -2-, Álvaro -2-, Samuel -2- e Dani foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este resultado, o Alevín A lidera ao grupo con 9 puntos de 9 posibles, e supera ao Calasanz A, tamén con 9 puntos, por mellor diferencia de goles: +35 os deportivistas por +18 os colexiais.

Alevín A: Román, Zoe, Álvaro, Pablo, Dani, Iván, Ayana e Adrián. Tamén xogaron: Samuel, Héctor e Óscar.

A vindeira fin de semana, o Alevín A visita ao Laracha.

Os resultados do Alevín A nesta competición son os seguintes:

Alevín A 10 (Torres -3-, Óscar -3-, Pablo -2-, Jorge e Héctor) - Olímpico A 0
Atlético Coruña Montañeros A 1 - Alevín A 12
Alevín A 14 (Pablo -4-, Héctor -3-, Óscar -2-, Álvaro -2-, Samuel -2- e Dani) - Imperátor A 0