RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Alevín A será campión do grupo norte do Trofeo Conservas Calvo se gaña mañá mércores en Narón

Esta semana conclúen en #ANOSACANTEIRA a competición ligueira catro equipos: Xuvenil B, Cadete A, Cadete B e Alevín A, este no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

A xornada arranca mañá mércores 22 de maio co Alevín A. Se gaña o seu partido ante o SDCyR Narón O Freixo (19:00 horas, campo de Río Seco) proclamarase campión do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte. Empataría a 34 puntos co Ural CF A pero avantaxaría aos uralistas claramente en diferenza de goles a favor e en contra.

Os equipos cadetes téñeno decidido: o A subcampión da División de Honra e o B terceiro do grupo norte da Liga Galega.

O Xuvenil B xógase a medalla de bronce da Liga Nacional. A falta dese último partido, suma 64 puntos por 65 puntos do CD Conxo Santiago, terceiro. Por conseguinte, os branquiazuis deben gañar o sábado (17:00) ao Pabellón Ourense CF e esperar que o CD Conxo Santiago non gañe o seu partido ante o CD Calasanz na Grela 1, o sábado 25 ás 16:00 horas.

Finalmente, Alevín A e Benxamín A disputan a Fase Final Galega de fútbol 8, o sábado 25 de maio en sede e calendario por determinar. Os dous equipos acceden após proclamarse campións das súas respectivas Fases Intermedias.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
Clasificación final: ... 17. Rápido de Bouzas, 38 puntos; 18. AD Unión Adarve, 36 puntos; 19. CDA Navalcarnero, 25 puntos; 20. Fabril, 24 puntos

Categoría xuvenil
34ª xornada, última: XUVENIL B - PABELLÓN OURENSE CF, o sábado 25 de maio ás 17:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: ... 2. CD Calasanz, 71 puntos; 3. CD Conxo Santiago, 65 puntos; 4. Xuvenil B, 64 puntos; 5. Victoria CF, 57 puntos...

Categoría cadete
Amigable: CADETE A 5 (Hugo Suárez -4- e Axel) - CD TORROX (xuvenil) 2

34ª xornada, última: CADETE A - PABELLÓN OURENSE CF, o sábado 25 de maio ás 17:00 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 88 puntos; 2. Cadete A, 82 puntos; 3. Ural CF, 67 puntos...

34ª xornada, última: RACING DE FERROL B - CADETE B, o domingo 26 de maio ás 10:30 na Gándara 2 (Ferrol)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 2. ED Xuventude de Oroso, 80 puntos; 3. Cadete B, 71 puntos; 4. Racing Villalbés e Galicia Caranza, 57 puntos...

Categoría alevín
ALEVÍN A: Fase Final Galega, o sábado 25 de maio con sede e calendario por determinar

13ª xornada, última: SDCyR NARÓN O FREIXO - ALEVÍN A, mañá mércores 22 de maio ás 19:00 no campo de Río Seco (Narón)
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11: 1. Ural CF A, 34 puntos; 2. Victoria CF A, 33 puntos; 3. Alevín A (un partido menos), 31 puntos; 4. CD Calasanz A, 28 puntos; 5. EF Luis Calvo Sanz A, 22 puntos...

Categoría benxamín
BENXAMÍN A: Fase Final Galega, o sábado 25 con sede e calendario por definir

14ª xornada: BENXAMÍN B - CD CALASANZ B, o domingo 26 de maio ás 13:00 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º A Coruña: 1. Benxamín B (xa campión), 39 puntos; 2. Victoria CF B, 31 puntos...