RCD / NOVAS

O Alevín A supera ao Oza Juvenil e recupera o liderado provisional do Trofeo Conservas Calvo

05/03/2020 22:00

O Alevín A impúxose ao Oza Juvenil SD (0-9), en encontro correspondente á xornada da pasada semana, 4ª, do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11. Leandro -2-, Borja -2-, Xabi, Marcos, Diego, David e Janusz foron os goleadores branquiazuis neste encontro disputado no campo coruñés de Elviña.

Con este marcador, o Alevín A recupera o liderado do grupo norte con 12 puntos de 12 posibles; igualado iso sí co Ural CF A e o Atlético Coruña Montañeros CF A.

Alevín A: Joel, Yago, Xabi, Marcos, Janusz, Lucas, Ioan, David, Balbas, Anxo e Pablo. Tamén xogaron: Rodrigo, Yago Trigo, Borja, Diego, Leandro e Íker.

O partido da xornada desta próxima fin de semana, 5ª, xogarao o Alevín A o martes 10 de marzo ás 19:15 en Abegondo fronte ao SDCyR Narón O Freixo.

Os resultados do Alevín A no trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 son os seguintes:

Alevín A 6 (Diego -4-, Íker e Lucas) - CD Calasanz 0
ED Luis Calvo Sanz A 1 - Alevín A 9 (Anxo -3-, Janusz, Rubén, Pablo, Diego, Yago e Nico)
Alevín A 5 (Anxo -2-, Borja -2- e un futbolista rival en propia meta) - EF Racing de Ferrol A 1

Oza Juvenil SD 0 - Alevín A 9 (Leandro -2-, Borja -2-, Xabi, Marcos, Diego, David e Janusz)