RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A vence a un bo CD Calasanz

O Alevín A venceu (3-0) a un CD Calasanz que opuxo férrea resistencia a pesar de transitar na zona baixa da táboa no subgrupo 1º de Primeira A Coruña - As Mariñas.

Nico Torres, Thiago Montes e Mario González foron os goleadores branquiazuis neste partido correspondente á 5ª xornada.

Con este resultado, o conxunto de Alberto Suárez suma 15 puntos de 15 posibles e manda na táboa empatado a puntos co Atlético Coruña Montañeros CF.

Alevín A: Alejandro Pais, Mateo Varela, Antón Vilariño, Yael López, Nico Torres, Mario González, Leo Sánchez e Javi Barral. Tamén xogaron: Brais Taín, Manu Alcázar, Íker Obeso, Hugo Caridad, Thiago Montes e Daniel Alonso.

Mañá luns 5 de decembro ás 19:00, o Alevín A recibe en Abegondo ao Orillamar SD A en partido adiantado á xornada da próxima fin de semana, no que o conxunto branquiazul participa no Torneo Internacional Tucho da Torre.

Os resultados do Alevín A en liga foron os seguintes até a data:

Alevín A 8 (Mario González -3-, Leo Sánchez -2-, Antón Vilariño e Daniel Alonso) - Imperátor OAR 0
Oza Juvenil SD 0 - Alevín A 8 (Antón Vilariño -2-, Iker Obeso -2-, Mario González, Yael López, Sergio Infante e Daniel Alonso)
Alevín A 3 (Iker Obeso -2- e Manu Alcázar) - Ural Español CF 1
Atlético Castros 0 - Alevín A 8 (Iker Obeso -4-, Yael López -2-, Thiago Montes e Mario González)
Alevín A 3 (Nico Torres, Thiago Montes e Mario González) - CD Calasanz 0