O Alevín A xa coñece o seu calendario no subgrupo A de Primeira A Coruña, que arranca esta fin de semana
O Alevín A xa coñece o seu calendario no subgrupo A de Primeira A Coruña de fútbol 8, que arranca esta fin de semana.
O cadro deportivista terá como rivais ao Orillamar SD, Atlético Coruña Montañeros CF, Club Xesuitinas, CF Deportivo Orzán e Imperátor OAR.
O formato de competición será de liga a dobre volta. Os tres primeiros clasificados accederán a unha segunda fase, que será unha liga todos contra todos na que entrarán tamén os tres primeiros destes subgrupos: B da Coruña, C das Mariñas, D das Mariñas e E das Mariñas.