RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín acaba a primeira fase do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 como campión do subgrupo norte

O Alevín proclamouse campión do subgrupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 ao derrotar (8-0) en Abegondo ao ED Luis Calvo Sanz.

Gabri -2-, Pablo Vara -2-, Iago Lameiro -2-, Martín Forján e Raúl foron os goleadores deste partido correspondente á 9ª xornada (última).

Alevín: Lucas López, Hugo, Javi Seoane, Nico, Guille, José Quiroga, Lucas Vázquez, Iago Lameiro, Pablo Vara, Iago Varela e Martín Forján. Tamén xogaron: Martín Fernández, Gabri, Raúl e Antón.

Con este resultado, o Alevín sumou á fronte da táboa 25 puntos froito de 8 partidos gañados e 1 empatado; e con 54 goles a favor e 7 en contra.

Agora, os tres primeiros clasificados (Alevín, CD Calasanz e ED Luis Calvo Sanz) acceden á Fase Final, que se disputará, cos tres primeiros do grupo sur (RC Celta, Pabellón Ourense CF e Bertamiráns FC), nas Eiroas (Carballo) nunha única xornada.

Os resultados do Alevín nesta primeira fase foron os seguintes:

Alevín 9 (Raúl -3-, José Quiroga, Nico, Iago Varela, Guille, Pablo Vara e Antón) - Atlético Coruña Montañeros CF 1
CD Lugo 2 - Alevín 2 (Martín Forján e Iago Varela)
Alevín 2 (Antón e Martín Forján) - CD Calasanz 1
Racing de Ferrol 1 - Alevín 8 (Gabri -2-, Pablo Vara, Antón, Martín Forján, Iago Lameiro, Álvaro e Raúl)
Alevín 7 (Raúl -3-, Pablo Somoza -2-, Gabri e Iago Lameiro) - San Tirso SD 1
Victoria CF 1 - Alevín 6 (Antón -2-, Guille -2-, Raúl e Martín Forján)
Alevín 9 (Iago Lameiro -3-, Pablo Somoza -2-, Martín Forján, Raúl, Guille e Pablo Vara) - SD Residencia 0
Galicia Caranza 0 - Alevín 3 (Iago Lameiro, Antón e Pablo Vara)
Alevín 8 (Gabri -2-, Pablo Vara -2-, Iago Lameiro -2-, Martín Forján e Raúl) - ED Luis Calvo Sanz 0