RCD / NOVAS

O Alevín B, á Meyrin Cup 2019

13/06/2019 17:27

O Alevín B participa esta fin de semana en Xenebra (Suíza) na Meyrin Cup 2019.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo A, co Servette FC, Meyrin FC, Xamax 1912, Beaumont Collonges e Donzelle FC.

O calendario do Alevín B, con todos os seus partidos en Lory, é o seguinte:

Primeira Fase

Sábado 15 de xuño
9:00: ALEVÍN B - SERVETTE FC (no campo de Lory)
10:20: ALEVÍN B - DONZELLE FC (no campo de Kito)
11:00: XAMAX 1912 - ALEVÍN B (no campo de Ramada Encore)
12:00: ALEVÍN B - BEAUMONT COLLONGES (no campo de Oschner Sport)
15:00: ALEVÍN B - MEYRIN FC (no campo de Lory)

Os tres primeiros de grupo pasan á Fase Final e o resto xogará unha Fase de Consolación, todo iso a partir das 16:00.

A Copa Ribadumia, interesante test para o Benxamín A

O Benxamín A afronta un interesante test coa 1ª edición da Copa Ribadumia Clae Viajes, que se xoga no campo da Senra.

O conxunto deportivista terá como primeiros rivais ao Outes FC, AD Alhóndiga, Club Polideportivo Lucense, Celta Brașov e o CD Talento, Actitud y Esfuerzo.

O calendario de partidos da Primeira Fase é o seguinte:

Sábado 15 de xuño
10:45: BENXAMÍN A - OUTES FC (campo 2 natural)
16:00: BENXAMÍN A - AD ALHÓNDIGA (campo 1 sintético)
18:05: BENXAMÍN A - CP LUCENSE (campo 1 sintético)
21:00: BENXAMÍN A - CELTA BRASOV (campo 1 natural)

Domingo 16 de xuño
9:00: BENXAMÍN A - CD TALENTO, ACTITUD Y ESFUERZO (campo 1 sintético)

Os dous primeiros de grupo pasan a oitavos de final, que comezan ás 10:30; e o 3º disputará unha Fase de Consolación, a partir das 11:35 horas.

O Benxamín B compite no Trofeo Concello de Boiro

O Benxamín B, do mesmo xeito que o Alevín A, representará ao Dépor na 13ª edición do Trofeo Concello de Boiro, que se celebra nesta ocasión en categoría benxamín o sábado 15 de xuño.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo B, co Salgueiriños CF, EF Lalín e o Caldas CF.

O calendario de partidos é o seguinte:

Primeira Fase
10:30: BENXAMÍN B - EF LALÍN (campo 1B)
12:20: SALGUEIRIÑOS CF - BENXAMÍN B (campo 1A)
15:15: BENXAMÍN B - CALDAS CF (campo 2A)

Os dous primeiros de grupo pasan a oitavos de final, que comezan ás 17:35 horas.

Dobre cita para o Alevín A: o martes 11 en Abegondo e o domingo 16 en Boiro

O Alevín A ten dobre cita esta semana. En primeiro lugar, antonte martes 11 de xuño o equipo deportivista disputou un amigable en Abegondo ante o conxunto do AFA Angola. O resultado favoreceu aos africanos (4-5), despois dun entretido encontro. Jacobo, Rubén, David e Íker foron os goleadores branquiazuis.

E o domingo 16, o Alevín A compite na 13ª edición do Trofeo Concello de Boiro, que se celebra no campo de fútbol de Vista Alegre.

O conxunto que dirixe Roberto Veres quedou encadrado no grupo A, co Sálvora CF, Cristo de la Victoria SD e o Amio SD B.

O calendario inicial é o seguinte:

Primeira Fase
10:30: ALEVÍN A - CRISTO DE LA VICTORIA SD (campo 1A)
12:20: ALEVÍN A - AMIO SD B (campo 2A)
15:15: SÁLVORA CF - ALEVÍN A (campo 1B)

Os dous primeiros de grupo pasan a oitavos de final, que comezan ás 17:35 horas.