RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín B arranca con triunfo a súa participación na Primeira C

O Alevín B impúxose ao Ural CF C (4-2) na primeira xornada da Primeira C. Paulo -2-, Alberto e Joaquín foron os goleadores deportivistas.

Alevín B: Diego, Iago Vázquez, Joaquín, Nico, Ioan, Mauro, Alberto e Paulo. Tamén xogaron: Xoel, Uxío, Yago Trigo, Gael e Íker.

A competición detense a próxima semana e regresa o sábado 14 de decembro, co partido do Alevín B ante o Atlético Coruña Montañeros CF C.