O Alevín B, agora dirixido por Dani Xesto en substitución de Luis Pastur após a marcha deste o club Independente do Valle de Ecuador, comezou 2020 cun sorriso ao derrotar (4-1) ao CD Calasanz C, con tantos de Uxío -2-, Ioan e Íker.
O partido corresponde á 4ª xornada na Primeira C, que foi suspendida o pasado 21 de decembro de acordo coa alerta meteorolóxica emitida pola Xunta de Galicia para ese día.
Con este resultado, o Alevín B encabeza o grupo con 12 puntos de 12 posibles, igualado co Victoria CF C.
Alevín B: Gabriel, Iago Vázquez, Joaquín, Nico, Ioan, Alberto, Yago Trigo e Paulo. Tamén xogaron: Diego, Gael, Íker, Mauro, Xoel e Uxío.
A próxima fin de semana, o Imperátor OAR C será o seguinte rival do Alevín B.
Os resultados até a data do Alevín B en Primeira C son os seguintes: Imperátor OAR B 1 - Alevín B 9 (Yago Trigo -2-, Mauro, Sergio, Nico, Alberto, Íker, Joaquín e Iago Vázquez) Alevín B 4 (Paulo -2-, Alberto e Joaquín) - Ural CF C 2 Atlético Coruña Montañeros CF C 2 - Alevín B 5 (Alberto, Íker, Uxío, Iago Vázquez e Sergio) Alevín B 4 (Uxío -2-, Ioan e Íker) - CD Calasanz C 1