RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Alevín B compite a fin de semana no IX Torneo Internacional Media Gol Cup en Cornellá

O Alevín B do Dépor participa no IX Torneo Internacional Media Gol Cup 2018, que se xoga no Nou Municipal de Cornellá (Barcelona) do venres 14 ao domingo 16 de decembro.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo 1, co Real Madrid CF, Girona FC, Kawasaki Frontale (Xapón) e o Gimnàstic Manresa.

O calendario de partidos do Alevín B é o seguinte:

Primeira Fase
Venres 14 de decembro
11:00: ALEVÍN B - GIMNÀSTIC MANRESA (campo 3)
14:30: GIRONA FC - ALEVÍN B (campo 2)
17:00: REAL MADRID CF - ALEVÍN B (campo 1)
18:00: ALEVÍN B - KAWASAKI FRONTALE (campo 2)

Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que arrancan ás 20:30 horas do venres 15. Os outros 3 equipos xogarán unha Fase de Consolación para ditaminar a súa posición final no torneo, o venres 15 pero a partir das 8:30 horas.

Por este motivo, o partido da Segunda Comarcal A Coruña entre o Orillamar SD B e o Alevín B, correspondente á 7ª xornada, trasládase do sábado 15 de decembro ao martes 18 de decembro ás 19:00 en Abegondo.