RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín B destaca en Baiona

O Alevín B logrou a medalla de prata do Torneo de fútbol oito que organizou en Baiona o Erizana CF.

O conxunto deportivista caeu (1-2) na final ante o Pabellón de Ourense.

Case non haberá descanso para o Alevín B, que este xoves inicia a Oviedo Cup.

Por outra banda, o Alevín A gañou todos os seus partidos da Primeira Fase no Mundialito de Cambrils e disputa mañá mércores 12 de abril os dezaseisavos de final contra o Kashima xaponés.

Mentres, o Xuvenil B, que marcha segundo no Grupo 1º da Liga Nacional, desprázase esta Semana Santa a Sicilia (Italia) para participar no Torneo Intertnacional Etna Sud 'Memorial Gioacchino Russo Morosoli'.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo E, con estes equipos: Invictus, Pol. Sarnese '1926' e Valletta FC.

O calendario do equipo deportivista na Primeira Fase é o seguinte:

Xoves 13 de abril
15:00: XUVENIL B - INVICTUS (campo T. del Grifo)

Venres 14 de abril
9:00: VALLETTA FC - XUVENIL B (campo T. del Grifo)
17:30: XUVENIL B - POL. SARNESE '1926' (campo de Mascalucia)

O primeiro de grupo e os tres mellores segundos pasan aos cuartos de final, que se xogan o sábado 15 de abril. O resto de equipos disputará unha Fase de Consolación, o domingo 16 de abril.

Este é o calendario completo da Semana Santa de #ANOSACANTEIRA:

Xuvenil A

Oviedo Cup (Oviedo)
Primeira Fase
Xoves 13 de abril
15:30: JUVENTUD ESTADIO - XUVENIL A (no campo Hermanos Llana)
17:30: XUVENIL A - FÚTBOL BASE FRAGA (no campo Hermanos Llana)
Venres 14 de abril
13:45: XUVENIL A - UD SAN CLAUDIO (no campo H.F.E. Tensi)
19:45: LA FRESNEDA CF - XUVENIL A (no campo de La Fresneda)
A partir do sábado 15 de abril, os dous primeiros clasificados pasan a disputar a Fase Final Ouro, polo título; o terceiro do grupo xogará a Fase Final Prata; e, finalmente, o resto pelexará polos postos do 25 ao 40.

Xuvenil B
Torneo Internazionale Etna Sud (Sicilia/Italia, do 12 ao 18 de abril)

Cadete A

Torneo Cesaraugusta (Zaragoza)
Primeira Fase
Xoves 13 de abril
17:00: CADETE A - STADIUM CASABLANCA
Venres 14 de abril
17:00: CADETE A - REAL SOCIEDAD
O primeiro clasificado xogará a final, contra o primeiro clasificado do grupo A; e o segundo de cada grupo pelexará polo terceiro posto do torneo. Estes dous partidos serán o domingo 16 de abril. Pola súa banda, o terceiro clasificado disputará o partido polo quinto posto, o sábado 15 de abril ás 17:30.

Cadete B
Mondial U15 La Saint Pierre de Nantes (Nantes/Francia, do 19 ao 22 de abril)

Infantil A

MiBalón International Cup (Teulada-Moraira/Alacante)
Primeira Fase
Venres 14 de abril
10:00: INFANTIL A - VALENCIA
14:00: WANDA GROUP - INFANTIL A
20:00: INFANTIL A - GETAFE
Sábado 15 de abril
12:00: CONQUENSE - INFANTIL A
Os dous primeiros accederán a semifinais. O resto de equipos pasará a disputar unha Fase de Consolación, polos postos 5º ao 10º.

Infantil B

Saint Kevin's Boys Academy Cup Tournament (Dublín/Irlanda)
Primeira Fase (as horas son sempre locais, unha hora máis en España):
Venres 14 de abril
11:30: WEST BROMWICH ALBION - INFANTIL B
17:30: INFANTIL B - BARCELONA
Os dous primeiros de grupo pasarán a semifinais, que se disputarán o sábado 15 de abril. O terceiro de grupo xogará o domingo 16 polo quinto e sexto posto.

Alevín A

Mundialito (Cambrils/Tarragona)
Primeira Fase
Domingo 9 de abril
ALEVÍN A 20 (Domínguez -7-, Baña -3-, Noah -4-, Diego -2-, Carlos, Dani, Manu e Mella) - EFB SALOU '2' 0
Luns 10 de abril
ALEVÍN A 3 (Carlos, Mella e Sierra) - SC BRAZIL 1
ALEVÍN A 4 (Domínguez, Meki, Carlos e Noah) - VOLTA REDONDA FC 0
Martes 11 de abril
MUSCAT FA 0 - ALEVÍN A 13 (Domínguez -5-, Meki -4-, Marco Baña, Mella, Dani e Sierra)
ALEVÍN A 12 (Noah -4-, Mella -2-, Sierra -2-, Diego -3- e Manu) - FFA WARSZAWA 0
Mércores 12 de abril
Dezaseisavos de final
10:00: ALEVÍN A - KASHIMA

Alevín B

Torneo F8 Erizana CF (Baiona/Pontevedra)
Martes 11 de abril
Primeira Fase
ERIZANA A 0 - ALEVÍN B 2 (Pablo e Dani)
ALEVÍN B 1 (Pablo) - SÁRDOMA 0
ALEVÍN B 5 (Pablo -2-, Samu -2- e Adrián) - PONTELLAS 0
Oitavos de final
ALEVÍN B 0 - VICTORIA DE VIGO 0. Por penaltis: 3-2
Cuartos de final
ERIZANA A 0 - ALEVÍN B 1 (Óscar)
Semifinal
ALEVÍN B 3 (Seco -2- e Samuel) - CORUXO A 1
Final
ALEVÍN B 1 (Estévez) - PABELLÓN A 2

Oviedo Cup (Oviedo)
Primeira Fase
Xoves 13 de abril
17:00: FAMEB - ALEVÍN B (no campo de San Claudio)
Venres 14 de abril
13:15: ALEVÍN B - BARAKALDO CF (no campo de San Claudio)
19:45: ALEVÍN B - GAÑADOR F. PREVIA (11) (no campo de San Claudio)
Sábado 15 de abril
9:30: EFMO BOADILLA - ALEVÍN B (en Matalablima)
Ese mesmo sábado 15 de abril, os dous primeiros de grupo xogarán a Fase Ouro; o terceiro clasificado a Fase Prata; e, o resto, pelexará polos postos do 13º ao 20º.

Benxamín A

Íscar Cup (Medina del Campo/Valladolid)
Primeira Fase
Xoves 13 de abril
10:15: BENXAMÍN A - EF PALENCIA, (campo artificial 2)
13:15: DALLAS FC - BENXAMÍN A (campo artificial 2)
19:00: REAL MADRID - BENXAMÍN A (campo natural)
Os dous primeiros de grupo e os dous mellores terceiros do sete grupos pasan a oitavos de final, que se xogarán o venres 14 de abril. Os demais terceiros clasificados e os cuartos de cada grupo disputarán unha Fase de Consolación.

Orthopaedikos Cup (Stuttgart/Alemaña, 22 e 23 de abril)

Benxamín B

Torneo Carlos Luis Alonso Arrogante (Illescas/Toledo)
Primeira Fase
Venres 14 de abril
10:15: BENXAMÍN B - TRES CANTOS
11:55: BENXAMÍN B - LUGO FUENLABRADA
12:45: BENXAMÍN B - ILLESCAS C
Os dous primeiros equipos clasifícanse para oitavos de final, que se xogan o sábado 15 de abril.

Torneo Villa de Caldas (Caldas de Reis/Pontevedra)
Domingo 16 de abril
Primeira Fase
12:00: BENXAMÍN B - RACING DE FERROL (campo 1)
14:00: BENXAMÍN B - PABELLÓN DE OURENSE (campo 1)
15:00: BENXAMÍN B - 2º GRUPO A DA XORNADA PREVIA (campo 1)
16:30: BENXAMÍN B - 1º GRUPO B DA XORNADA PREVIA (campo 2)
Os dous primeiros clasificados do grupo pasan a cuartos de final, que se disputan a continuación.