RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín B dobrega ao Victoria CF C e é líder en solitario

O Alevín B derrotou (4-0) ao Victoria CF C e é líder en solitario da Primeira C. Ambos os equipos chegaban a este encontro correspondente á 6ª xornada igualados a 15 puntos, pero os branquiazuis foron superiores e plasmaron dita superioridade cos goles de Uxío, Alberto, Íker e Gael.

Así pois, o equipo deportivista manda no grupo con 18 puntos, por 15 puntos agora do Victoria CF C.

Alevín B: Diego, Iago Vázquez, Yago Trigo, Nico, Joaquín, Ioan, Alberto e Paulo. Tamén xogaron: Gabriel, Íker, Uxío, Gael e Xoel.

A próxima fin de semana, o Alevín B mídese ao ADC Obradoiro.

Os resultados até a data do Alevín B en Primeira C son os seguintes:

Imperátor OAR B 1 - Alevín B 9 (Yago Trigo -2-, Mauro, Sergio, Nico, Alberto, Íker, Joaquín e Iago Vázquez)
Alevín B 4 (Paulo -2-, Alberto e Joaquín) - Ural CF C 2
Atlético Coruña Montañeros CF C 2 - Alevín B 5 (Alberto, Íker, Uxío, Iago Vázquez e Sergio)
Imperátor OAR C 0 - Alevín B 6 (Joaquín, Ioan, Paulo, Uxío, Íker e Yago Trigo)
Alevín B 4 (Uxío, Alberto, Íker e Gael) - Victoria CF C 0