RCD / NOVAS

O Alevín B finaliza o grupo B do Torneo A Coruña - As Mariñas en primeira posición

02/11/2019 14:05

O Alevín B impúxose ao Calvo Sotelo B (0-16) e acabou a súa participación no grupo B do Torneo A Coruña - As Mariñas en primeira posición con 9 puntos de 9 posibles, por diante do Ural CF A (6 puntos), do Oza Juvenil SD C (3 puntos) e do citado Calvo Sotelo B (0 puntos).

Paulo, Gael, Yago Trigo -3-, Uxío, Mauro, Ioan -2-, Joaquín, Sergio, Iago Vázquez -2-, Xoel e Nico -2- foron os goleadores branquiazuis ante o Calvo Sotelo B.

Alevín B: Mosquera, Xoel, Gael, Nico, Mauro, Uxío, Yago Trigo e Paulo. Tamén xogaron: Sergio, Alberto, Gabriel, Iago Vázquez, Ioan e Joaquín.

Nos próximos días, o conxunto de Luis Pastur coñecerá o seu calendario para a seguinte fase da competición.

Os resultados do Alevín B no grupo B do Torneo A Coruña - As Mariñas foron os seguintes:

Oza Juvenil SD C 1 - Alevín B 10 (Trigo -3-, Uxío -2-, Ioan -2-, Íker, Paulo e Gael)
Alevín B 3 (Gael -2- e Ioan) - Ural CF A 0
Calvo Sotelo B 0 - Alevín B 16 (Paulo, Gael, Yago Trigo -3-, Uxío, Mauro, Ioan -2-, Joaquín, Sergio, Iago Vázquez -2-, Xoel e Nico -2-)