O Alevín B participa na 5ª edición da Jamón Cup en Calamocha (Teruel)
O Alevín B desprázase esta fin de semana á localidade de Calamocha (Teruel) para participar na 5ª edición da Jamón Cup.
O conxunto deportivista, na Primeira Fase, quedou encadrado no grupo B, co Vic Riuprimer REFO FC, Wakatake FC, Atlético de Madrid, Colegio Marianistas e SD Huesca.
O calendario de partidos da Primeira Fase do Alevín B, todos no campo 2 do Polideportivo Municipal de Jumaya, é o seguinte:
Sábado 1 de xuño 9:30: VIC RIUPRIMER REFO FC - ALEVÍN B 11:00: WAKATAKE FC - ALEVÍN B 15:00: ATLÉTICO DE MADRID - ALEVÍN B 16:30: SD HUESCA - ALEVÍN B
Domingo 2 de xuño 9:00: COLEGIO MARIANISTAS - ALEVÍN B
Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que arrancan ás 11:30. O resto de equipos pasan a unha Fase de Consolación segundo a súa clasificación, a partir das 11:00.
Cita desde este venres para o Alevín A na Arousa Fútbol 7
O Alevín A ten esta fin de semana unha das citas estrela da súa programación de torneos amigables, a Arousa Fútbol 7 no campo da Senra (Ribadumia).
O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo C, co Villarreal CF, AFC Ajax, Rayo Vallecano e ED Val Miñor.
O calendario do Alevín A na Primeira Fase é o seguinte:
Venres 31 de maio 11:20: ALEVÍN A - VILLARREAL CF 17:50: ED VAL MIÑOR - ALEVÍN A
Sábado 1 de xuño 16:15: AFC AJAX - ALEVÍN A 18:55: ALEVÍN A - RAYO VALLECANO
Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que arrancan o domingo 2 de xuño ás 10:00 horas; e o resto de equipos pasan a unha Fase de Consolación, tamén a partir desa mesma hora.