RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Alevín B, que puxo fin hoxe á pretemporada cun último amigable, xa coñece o seu calendario ligueiro

O Alevín B arranca a competición ligueira este sábado 12 de outubro ás 12:30 na Torre. O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo B do Torneo A Coruña - As Mariñas, ademais do Ural CF A, Colegio Calvo Sotelo B e Oza Juvenil SD C.

O formato de competición será de liga a unha soa volta, no que o primeiro clasificado accede á liga comarcal, mentres que os outros 3 equipos disputarán unha fase local.

O calendario do Alevín B é o seguinte:

Xornada 1 (12/10/2019, ás 12:30 na Torre)
Oza Juvenil SD C - Alevín B
Xornada 2 (19/10/2019)
Alevín B - Ural CF A
Xornada 3 (03/11/2019)
Colegio Calvo Sotelo B - Alevín B

Hoxe martes, o Alevín B puxo fin á súa pretemporada cun último amigable en Abegondo ante o Oza Juvenil SD A. O triunfo foi deportivista (5-0), con tantos de Uxío, Trigo, Sergio, Joaquín e Ioan.