RCD / NOVAS

O Alevín B xoga un amigable mañá martes en Abegondo

07/10/2019 11:40

Un dos equipos de #ANOSACANTEIRA que aínda non arrancou a competición oficial, o Alevín B, disputa mañá martes 8 de outubro un amigable no campo de herba sintética de Abegondo.

O seu rival será o Oza Juvenil A, nun choque que arrancará ás 19:00 horas.

Polo momento é o único partido de preparación confirmado esta semana nas categorías inferiores branquiazuis.