RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín, campión do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once

O Alevín proclamouse campión da XII edición do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once ao derrotar ao RC Celta (4-2) na quenda de penaltis da final. Á conclusión do tempo regulamentario chegouse con empate a dous tantos, obra os branquiazuis de Javi Seoane e Iago Lameiro.

Alevín: Lucas López, Hugo, Javi Seoane, Nico, Guille, Pablo Vara, Lucas Vázquez, Gabri, Martín Forján, José Quiroga e Raúl. Tamén xogaron: Martín Fernández, Iago Lameiro, Pablo Somoza e Antón.

Desta forma, o equipo deportivista adxudicouse o título oficioso de campión galego desta categoría na modalidade de fútbol once.

Á final, Dépor e Celta chegaron após quedar campións dos subgrupos norte e sur, respectivamente.

Na primeira fase, os branquiazuis dominaron o seu subgrupo con 25 puntos en 9 partidos, froito de 8 partidos gañados e 1 empatado. Marcaron 54 goles e encaixaron 7.

Pola súa banda, os célticos gañaron os 9 partidos dos que constou a primeira fase. Anotaron 94 goles e recibiron 8.

Os resultados do Alevín no torneo foron os seguintes:

Primeira Fase
Alevín 9 (Raúl -3-, José Quiroga, Nico, Iago Varela, Guille, Pablo Vara e Antón) - Atlético Coruña Montañeros CF 1
CD Lugo 2 - Alevín 2 (Martín Forján e Iago Varela)
Alevín 2 (Antón e Martín Forján) - CD Calasanz 1
Racing de Ferrol 1 - Alevín 8 (Gabri -2-, Pablo Vara, Antón, Martín Forján, Iago Lameiro, Álvaro e Raúl)
Alevín 7 (Raúl -3-, Pablo Somoza -2-, Gabri e Iago Lameiro) - San Tirso SD 1
Victoria CF 1 - Alevín 6 (Antón -2-, Guille -2-, Raúl e Martín Forján)
Alevín 9 (Iago Lameiro -3-, Pablo Somoza -2-, Martín Forján, Raúl, Guille e Pablo Vara) - SD Residencia 0
Galicia Caranza 0 - Alevín 3 (Iago Lameiro, Antón e Pablo Vara)
Alevín 8 (Gabri -2-, Pablo Vara -2-, Iago Lameiro -2-, Martín Forján e Raúl) - ED Luis Calvo Sanz 0

Final
Alevín 2 (Javi Seoane e Iago Lameiro) - RC Celta 2. A penaltis: 4-2