RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alondras CF rompe a serie triunfal do Xuvenil B

O Xuvenil B sufriu a primeira derrota da temporada ao caer (2-0) no campo do Morrazo ante o Alondras CF, en partido correspondente á 2ª xornada do grupo C de ascenso á División de Honra. Até hoxe sábado 24 de abril, 18 vitorias e 1 empate eran a bagaxe triunfal do Xuvenil B.

Os pontevedreses aproveitaron dous minutos de desconcerto dos branquiazuis, que hoxe non tiveron a súa tarde, para marcar dous goles (minutos 36 e 38) e amarrar os tres puntos en xogo.

A pesar deste resultado, o Xuvenil B conserva o liderado do grupo con 55 puntos, por 52 do segundo clasificado, o RC Celta B.

Juvenil B: Nuno, Nacho, Manu Berrocal, Seydiba, Mato, Rubén, Canales, Diego Gómez, Martín Ochoa, Hugo Baldomar e Pablo Trigo. Tamén xogaron: Álex González, Íker Méndez, Embid e Marcelo.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B recibe en Abegondo ao CD Areosa.

Os resultados do equipo que dirixen Alejandro Antón e Aldo Duscher nesta segunda parte da temporada son os seguintes:

Xuvenil B 3 (Diego Gómez e Hugo Baldomar -2-) - ED Val Miñor Nigrán B 0
Alondras CF 2 - Xuvenil B 0