RCD / NOVAS

O Athletic Club, rival do Dépor no Teresa Herrera 2018, aterra o mércores no Aeroporto da Coruña

12/11/2018 12:55

O Athletic Club, rival do Deportivo na LXXIII edición do Trofeo Teresa Herrera deste mércores 14 de novembro no Estadio ABANCA-RIAZOR (20:45 horas), ten previsto aterrar o mesmo día do partido ás 12:00 horas no Aeroporto da Coruña.

Na cidade herculina, o hotel de concentración do equipo bilbaíno é o Tryp Coruña.