O Atlético Coruña Montañeros A viuse superado por un sólido Benxamín A
O Benxamín A superou exhibindo solidez (0-6) ao Atlético Coruña Montañeros A, en partido pertencente á 6ª xornada da Segunda Fase da Primeira Comarcal. Janusz -2-, Mosquera, Íker, Diego e Nico foron os autores dos goles branquiazuis.
Con este marcador, o conxunto deportivista suma 18 puntos á fronte da clasificación.
Benxamín A: Rodrigo, Pablo, Yago, Xabi, Janusz, Nico, Mosquera e Diego. Tamén xogaron: Joel, Guille, Eder, Rilo, Íker e Leandro.
A próxima fin de semana, o Benxamín A mídese ao Orillamar A.
Os resultados e goleadores do Benxamín A nesta segunda parte da temporada son os seguintes:
Benxamín A 1 (Anxo) - Calasanz A 0 Ural A 0 - Benxamín A 4 (Xabi, Mosquera, Janusz e Pablo) Benxamín A 3 (Guille, Anxo e Íker) - Luis Calvo A 0 Victoria A 0 - Benxamín A 7 (Diego -2-, Anxo -2-, Janusz -2- e Eder) Benxamín A 6 (Eder -4-, Xabi e Anxo) - San Tirso A 0 Atlético Coruña Montañeros A 0 - Benxamín A 6 (Janusz -2-, Mosquera, Íker, Diego e Nico)