RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O balón foi o protagonista na sesión vespertina do Dépor

O balón foi o gran protagonista na sesión vespertina do Dépor. Fernando Vázquez comeza a insistir en tarefas tácticas, consciente de que practicamente todos os futbolistas que estaban hoxe sobre o céspede son os que terá ás súas ordes durante toda a temporada.

En primeiro lugar dispuxo un exercicio táctico de ataque-defensa no campo 3. O técnico branquiazul corrixiu constantemente as posicións dos seus futbolistas.

A continuación, ordenou un partido a metade de campo 3, en espazo reducido. Só ao final, os futbolistas acabaron con series de carreira, supervisadas polo preparador físico Manuel Pombo.

Borja Galán, Claudio Beauvue e Rui Costa tiveron adestramento específico coordinado cos Servizos Médicos do Club.

Mañá martes haberá unha única sesión de traballo, que arrancará en Abegondo ás 10:00 horas.

O Dépor arranca unha intensa semana de traballo

O Dépor iniciou esta mañá unha intensa semana de traballo co primeiro do sete adestramentos previstos, aos que hai que engadir dous novos partidos amigables.

Uche Agbo adestrouse hoxe luns en Abegondo co Deportivo, pendente de asinar toda a documentación relativa ao seu regreso ao Club.

O mediocentro branquiazul realizou unha parte co grupo e outra co readaptador, Fran Molano, xunto ao seu compañeiro Borja Galán.

Ademais tiveron hoxe luns adestramento específico Rui Costa e Claudio Beauvue. A meta Alberto traballou co Fabril.

Esta mañá, na primeira das dúas sesións previstas para hoxe, Fernando Vázquez dispuxo rondos, unha tarefa de posesión, un circuíto físico con finalizacións e, para concluír, un partido a metade do campo 2.

Esta tarde, o Dépor regresa ao traballo a partir das 18:00 horas.