RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

O Benjamín A gana e xa é campión; o B empata e terá que esperar ao seguinte triunfo

  O Benjamín A se proclamó campeón da Primeira Comarcal (grupo A Coruña - As Mariñas) ao gañar esta tarde en Abegondo ao Betanzos (4-1). Con este novo título, a canteira deportivista suma cinco esta tempada t

O cadro que dirixe Pablo Barros venceu ao Betanzos en Abegondo (4-1), con tantos de Óscar (2), Pablo e Luís. O Benjamín A completa así unha tempada perfecta, con 61 puntos, 20 partidos gañados e 1 empatado. Os branquiazuis anotaron 172 goles e encaixaron só 11.

Benjamín A: Bouzas, Zoe, Jorge, Luís, Álvaro, David, Óscar e Samuel. Tamén xogaron: Pablo, Dani, Lucas, Adrián e Mateo.
 
Pola súa banda, o Benjamín B empatou co Orillamar B (3-3) e deberá certificar o título na próxima xornada, o 16 de abril, na que se mide ao Paiosaco B.
 
En canto ao resto de categorías, este fin de semana haberá mini derbi galego en categoría xuvenil. O Xuvenil A visita ao RC Celta na Madroa o sábado 2 de abril ás 16.30 horas, coa cuarta praza da División de Honra en xogo. A día de hoxe, 52 puntos suman os deportivistas por 51 os célticos, quintos.
 
En Terceira División, duro escollo para o Fabril, que se mide no campo de Santa Mariña ao Choco, terceiro clasificado. Un triunfo fabrilista suporía alcanzar aos redondelanos na táboa e subir un banzo máis, importante de face ao play off de ascenso a Segunda División B.
 
Finalmente, o Alevín A non ten competición ligueira este fin de semana, posto que participará na segunda edición do Trofeo José Iragorri, que se xoga na localidade biscaíña de Etxeberri. Tamén o Alevín B ten descanso este fin de semana.
 
O calendario de partidos é o seguinte:
 
Terceira División
 
CHOCO - FABRIL, o domingo 3 de abril ás 17.30 no campo Santa Mariña, en Redondela
Clasificación: 1. Boiro, 58 puntos; 2. Cerceda, 56 puntos; 3. Choco, 54 puntos; 4. Fabril, 51 puntos; 5. Rápido de Bouzas, 49 puntos...
 
Categoría Xuvenil
 
CELTA - XUVENIL A, o sábado 2 de abril ás 16.30 na Madroa
Clasificación da División de Honra: 1. Oviedo, 63 puntos; 2. Racing de Santander, 61 puntos; 3. Sporting de Xixón, 57 puntos; 4. Xuvenil A, 52 puntos; 5. Celta, 51 puntos...
 
XUVENIL B - CHOCO, o sábado 2 de abril ás 16.30 en Abegondo (campo 2)
Clasificación da liga Nacional: 1. Xuvenil B, 60 puntos; 2. Areosa (un partido menos), 50 puntos; 3. Choco e Santiago de Compostela C (un partido menos), 48 puntos...
 
Categoría Cadete
 
CADETE A - BORA, o sábado 2 de abril ás 12.00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 81 puntos; 2. Cadete A, 65 puntos; 3. Bertamiráns, 52 puntos...
 
CADETE B - LUGO B, o sábado 2 de abril ás 11.00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Cadete B, 73 puntos; 2. Ural, 64 puntos...
 
Categoría Infantil
 
IMPERÁTOR - INFANTIL A, o domingo 3 de abril ás 12.00 na Grela 2
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Lugo, 60 puntos; 2. Xuventude de Oroso (un partido menos) e Infantil A, 57 puntos; 4. Santiago de Compostela, 51 puntos...
 
INFANTIL B - ATLÉTICO SAN PEDRO, o sábado 2 de abril ás 10.15 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Primeira Autonómica (grupo 1º): 1. Infantil B (xa campión), 73 puntos; 2. San Tirso, 55 puntos...
 
Categoría Alevín
 
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once: 1. Alevín A, 22 puntos; 2. Vitoria A, 20 puntos...
 
Trofeo José Iragorri, en Etxebarri
Primeira Fase
Venres 1 de abril
15.45: S. HERRERA - ALEVÍN A (campo 1)
17.15: ALEVÍN A - COMIÑAS CF (campo 1)
18.00: SD ETXEBARRI - ALEVÍN A (campo 1)
 
Os dous primeiros clasificados accederán a cuartos de final, que se xogarán xa o sábado 2 de abril baixo o formato de eliminatoria.
 
Clasificación da Segunda Fase da Segunda Comarcal, grupo 1º: 1. Alevín B, 30 puntos; 2. Vitoria D, 22 puntos...
 
Categoría Benjamín
 
Xogado hoxe mércores: BENJAMÍN A 4 (Óscar -2-, Pablo e Luís) - BETANZOS 1
Clasificación da Primeira Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: 1. Benjamín A (un partido máis, xa campión), 61 puntos; 2. Ural A, 49 puntos...
 
Xogado hoxe mércores: BENJAMÍN B 3 (Eli, Dairon e Álex) - ORILLAMAR B 3
Clasificación da Segunda Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: 1. Benjamín B (un partido máis), 61 puntos; 2. Imperátor C, 50 puntos...