RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A gaña en Arteixo e acariña xa o título ligueiro na Primeira Comarcal A Coruña

O Benxamín A impúxose esta tarde ao Atlético Arteixo A (1-7) e acariña o título ligueiro na Primeira Comarcal A Coruña. O partido corresponde á xornada 28 que se disputa na súa totalidade a próxima fin de semana, pero que o Benxamín A xoga antes pola súa participación na Orthopädikos Cup en Stuttgart (Alemaña).

Bruno -2-, Montes, Álex, David, Jairo e Eli foron os autores dos goles branquiazuis esta tarde en Ponte dos Brozos (Arteixo).

Con este resultado, o Benxamín A, a falta de 2 partidos para o final, suma 76 puntos á fronte da clasificación do grupo. Segundo na táboa é o Ural A, que ten 68 puntos, aínda que lle restan 3 encontros para acabar a liga.

Benxamín A: Anxo, Marcos, Erick, David, Álex, Dani, Pablo Fernández e Sergio. Tamén xogaron: Salinas, Pablo Vázquez, Jairo, Eli, Bruno e Carlos.

En quince días, o Benxamín A enfróntase ao Victoria A na penúltima xornada.

Os resultados ata a data do Benxamín A son os seguintes:

Sporting Burgo 0 - Benjamín A 9 (Jairo -3-, Bruno -2-, Álex -2-, Pablo Fernández e Eli)
Benjamín A 9 (Álex -2-, Jairo -2-, Carlos, Bruno, Eli e Sergio) - Orillamar A 0
Benjamín A 2 (Eli e Jairo) - Ural 0
San Tirso 1 - Benjamín A 8 (Pablo Fernández -2-, Álex -2-, Bruno -2-, Eli e Jairo)
Benjamín A 14 (Bruno -5-, Dani -4-, Jairo -2-, Marcos, Pablo Vázquez e Pablo Fernández) - Órdenes A 0
Calasanz A 2 - Benjamín A 8 (Bruno -4-, Álex -2-, Jairo e Sergio)
Benjamín A 2 (Eli e Álex) - Olímpico A 1
Betanzos 0 - Benjamín A 3 (Bruno, Dani e Marcos)
Benjamín A 8 (Jairo, Dani, Erick, Eli, Bruno, Pablo Fernández, Marcos e Sergio) - Paiosaco H. Añón 1
Rayo Sadense A 0 - Benjamín A 12 (Jairo -4-, Dani -3-, Marcos -3-, Pablo Vázquez e Bruno)
Benjamín A 6 (Eli -3-, Jairo -2- e Álex) - Imperátor A 1
Luis Calvo A 0 - Benjamín A 4 (Pablo Fernández, Eli, Alex e David)
Benjamín A 7 (Jairo -3-, Álex -2-, Eli e Pablo Fernández) - Atlético Arteixo A 1
Victoria A 0 - Benjamín A 8 (Marcos -3-, Bruno, Jairo, Erick, Montes e Pablo Fernández)
Benjamín A 8 (Eli -3-, Bruno -2-, Álex -2- e Pablo Fernández) - Sporting Cambre A 0
Benjamín A 5 (Eli -2-, Sergio -2- e Pablo García) - Sporting Burgo A 0
Orillamar A 0 - Benjamín A 2 (Álex e Pablo Fernández)
Ural A 3 - Benjamín A 2 (Bruno e Eli)
Benjamín A 10 (Jairo -4-, Marcos -2-, David, Bruno, Montes e Carlos) - San Tirso 0
Órdenes 0 - Benjamín A 8 (Sergio -2-, Eli -2-, Jairo, Dani, Bruno e Erick)
Benjamín A 0 - Calasanz A 2
Olímpico A 1 - Benjamín A 1 (Montes)
Benjamín A 8 (Álex -2-, Eli -2-, Pablo Vázquez, Bruno, Jairo e Dani) - Betanzos 1
Paiosaco H. Añón 0 - Benjamín A 7 (Álex -2-, Montes -2-, David, Pablo Vázquez e Pablo Fernández)
Benjamín A 12 (Pablo Fernández -4-, Álex -3-, Eli -2-, Bruno, David e Erick) - Rayo Sadense A 0
Imperátor A 1 - Benjamín A 4 (Álex, Eli e Jairo -2)
Benjamín A 4 (Montes -2-, Eli e Jairo) - Luis Calvo A 0
Atlético Arteixo A 1 - Benjamín A 7 (Bruno -2-, Montes, Álex, David, Jairo e Eli)