RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

O Benjamín B tráese o sexto título para a canteira deportivista

  Catro partidos da canteira deportivista adiantáronse ao fin de semana (Xuvenil B, Infantil B, Benjamín A e Benjamín B). O Benjamín B se proclamó campeón da Segunda Comarcal (grupo A Coruña - As Mariñ

En Abegondo, o Xuvenil B gañou un partido crucial de face ao título da liga Nacional. Tamén lograron o triunfo o Infantil B e Benjamín A, ambos xa campións dos seus grupos.
 
Hoxe sábado xogan en Abegondo o Cadete A e Infantil A, ante Galicia Caranza e Conxo respectivamente. Para estes partidos, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior costa 3 euros.
 
Mañá domingo, o Fabril, en loita pola terceira praza da Terceira División, visita ao Negreira; e o Xuvenil A, que pelexa pola cuarta praza da División de Honra, ao Sporting de Xixón.
 
O único equipo sen competición é o Alevín A, que ten descanso.
 
Finalmente, o Cadete B caeu por penaltis ante o Lokomotiv de Zagreb nos cuartos de final da 39ª edición do torneo Sub-15 A Saint Pierre de Nantes, na citada cidade francesa. Disputará hoxe o partido polo quinto e sexto posto.
 
O calendario de partidos, cos resultados de onte venres, é o seguinte:
 
Terceira División
 
NEGREIRA - FABRIL, o domingo 17 de abril ás 17.30 no campo Jesús García Calvo
Clasificación: ... 3. Choco, 56 puntos; 4. Fabril, 55 puntos; 5. Barco, 50 puntos...
 
Categoría Xuvenil
 
SPORTING DE XIXÓN - XUVENIL A, o domingo 17 de abril ás 12.00 en Mareo
Clasificación da División de Honra: ... 3. Sporting de Xixón, 63 puntos; 4. Xuvenil A, 55 puntos; 5. Celta, 54 puntos...
 
Xogado o venres: XUVENIL B 5 - GALICIA CARANZA 1 (Mosquera -2-, Ortuño, Sandá e Antón)
Clasificación da liga Nacional: 1. Xuvenil B (un partido máis), 67 puntos; 2. Santiago de Compostela C (un partido menos), 54 puntos; 3. Areosa (un partido menos), 52 puntos...
 
Categoría Cadete
 
CADETE A - GALICIA CARANZA, o sábado 16 de abril ás 12.00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta (un partido menos), 82 puntos; 2. Cadete A, 71 puntos; 3. Bertamiráns, 58 puntos...
 
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Cadete B, 76 puntos; 2. Ural, 68 puntos...
 
Torneo Sub-15 de Saint Pierre en Nantes (Francia)
Primeira Fase
Mércores 13 de abril
CADETE B 0 - STADE BRESTOIS 0
CADETE B 1 (Julián) - BASSE GOULAINE 0
 
Xoves 14 de abril
SELECCIÓN DE GUADALUPE 0 - CADETE B 2 (Borja -2-)
CADETE B 0 - NIZA 0
CADETE B 3 (Mosquera -2- e Pichu) - SAINT HERBLAIN 0
 
Venres 15 de abril
Cuartos de final
CADETE B 1 (Pichu) - LOKOMOTIV DE ZAGREB 1. Por penaltis: 3-4
 
Fase de Consolación
CADETE B 0 - ANGERS 0. Por penaltis: 4-2
 
Sábado 16 de abril
Partido polo quinto e sexto posto
14.30: CADETE B - NANTES
 
Categoría Infantil
 
INFANTIL A - CONXO, o sábado 16 de abril ás 10.30 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Lugo, 66 puntos; 2. Xuventude de Oroso (un partido menos) e Infantil A, 63 puntos; 4. Santiago de Compostela (un partido menos), 57 puntos...
 
Xogado o venres: INFANTIL B 5 (Álvaro, Noel, Jairo, Dani Barcia e Novoa)- CALASANZ B 0
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (xa campión, un partido máis), 82 puntos; 2. San Tirso, 59 puntos...
 
Categoría Alevín
 
Clasificación do Torneo Conservas Calvo de fútbol once: 1. Ural A, 26 puntos; 2.Alevín A (un partido menos), 23 puntos; 3. Vitoria A, 20 puntos...
 
ALEVÍN B - VITORIA D, o domingo 17 de abril ás 12.00 en Meicende
Clasificación da Segunda Fase da Segunda Comarcal, grupo 1º: 1. Alevín B (un partido menos), 33 puntos; 2. Vitoria D, 28 puntos...
 
Categoría Benjamín
 
Xogado o venres: BENJAMÍN A 8 (Óscar -3-, Pablo -2-, Samu, David e Lucas) - LUÍS CALVO A 0
Clasificación da Primeira Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: 1. Benjamín A (xa campión, un partido máis), 67 puntos; 2. Ural A, 55 puntos...
 
Xogado o venres: PAIOSACO B 1 - BENJAMÍN B 13 (Dairon -4-, Alex -3-, Bruno, Erik, Jairo, Dani, Carlos e Pablo)
Clasificación da Segunda Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: 1. Benjamín B (un partido máis), 64 puntos; 2. Imperátor C, 53 puntos...