RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Benxamín A abre co título de campión na Torre unha nova semana de torneos en #ANOSACANTEIRA

Cinco equipos de #ANOSACANTEIRA (Deportivo ABANCA B, Infantil A, Alevín A, Alevín B e Benxamín A) participan desde hoxe mércores 27 de xuño en 2 torneos amigables, na Coruña e en 3 localidades asturianas: Arriondas, Ribadesella e Cangas de Onís.

O primeiro en entrar en xogo foi o Benxamín A hoxe mércores, na 27ª edición do Torneo Internacional Ciudad de A Coruña, Trofeo Juan M. Iglesias Mato 'Palau'; competición que se desenvolve na Cidade Deportiva da Torre organizada polo Orillamar SD.

O Benxamín A, vixente campión galego, fixo gala da súa condición de favorito e logrou o título sen encaixar un só gol en 6 partidos. Ademais, o deportivista Mosquera foi elixido mellor xogador do torneo.

Con este torneo, o Benxamín A finaliza a súa exitosa temporada 2017-18.

Os resultados do equipo que prepara Pablo Barros hoxe foron os seguintes:

Primeira Fase
ORILLAMAR C 0 - BENXAMÍN A 5 (Mosquera, Janusz, Anxo, Diego e Eder)
BENXAMÍN A 6 (Mosquera, Anxo, Guille, Janusz, Diego e Eder) - GALICIA DE MUGARDOS 0
BENXAMÍN A 9 (Anxo -2-, Raúl -2-, Guille, Janusz, Leandro, Íker e Diego) - CD CALASANZ 0

Cuartos de final
BENXAMÍN A 7 (Rilo -2-, Guille, Xabi, Anxo, Diego e Eder) - ORZÁN SD 0

Semifinal
ORILLAMAR 0 - BENXAMÍN A 8 (Íker -2-, Diego -2-, Balbas, Mosquera, Anxo e Leandro)

Final
BENXAMÍN A 1 (Anxo) - VICTORIA 0

Mañá xoves 28, a quenda será para o Alevín A, cuxos primeiros rivais, no grupo A, serán o Orillamar B, CD Calasanz e Silva SD. Cada partido durará 25 minutos seguidos.

O calendario de partidos do equipo branquiazul na Primeira Fase é o seguinte:

16:00: ORILLAMAR B - ALEVÍN A (campo 1.1)
16:30: ALEVÍN A - SILVA SD (campo 2.1)
17:30: ALEVÍN A - CD CALASANZ (campo 1.2)

Os dous primeiros de grupo e os dous mellores terceiros equipos dos tres grupos accederán a cuartos de final, que arrancan xa ás 18:45 horas.

Finalmente, o Infantil A xogará o venres 29. Neste caso, os seus partidos durarán 30 minutos salvo a final, con dous tempos de 25 minutos. Os seus primeiros rivais, no grupo A, serán o Orillamar A, o Bergantiños e o Juventude Pedras Salgadas.

O calendario da Primeira Fase do conxunto branquiazul é o seguinte:

15:30: ORILLAMAR A - INFANTIL A (campo 1)
17:45: BERGANTIÑOS - INFANTIL A (campo 3)
18:30: INFANTIL A - JUVENTUDE PEDRAS SALGADAS (campo 1)

Os dous primeiros de grupo acceden ás semifinais, que comezarán ás 19:15 horas

Deportivo ABANCA B e Alevín B debutan mañá xoves na Sella Cup 2018

O Deportivo ABANCA B e o Alevín B xogarán desde mañá xoves 27 de xuño sélaa Cup 2018, un torneo que terá lugar nas localidades asturianas de Arriondas, Cangas de Onís e Ribadesella.

En categoría feminina, as rivais do Deportivo ABANCA B serán o Oviedo, Atlético de Madrid, UD Llanera e Femiastur.

O calendario do cadro deportivista, que chega ao torneo após conseguir a Copa Galega de Primeira Autonómica, é o seguinte:

Primeira Fase
Xoves 28 de xuño
21:00: DEPORTIVO ABANCA B - UD LLANERA, en Ribadesella

Venres 29 de xuño
10:30: OVIEDO - DEPORTIVO ABANCA B, en Arriondas
13:30: DEPORTIVO ABANCA B - FEMIASTUR, en Ribadesella
18:30: DEPORTIVO ABANCA B - ATLÉTICO DE MADRID, en Arriondas

Os catro primeiros de grupo xogan entre si as semifinais, que comezarán o sábado 30 ás 15:30 horas en Arriondas.

Pola súa banda, o Alevín B quedou encadrado no grupo B, co EF Oriente e Dínamo.

O calendario da Primeira Fase para o equipo branquiazul é o seguinte:

Primeira Fase
Xoves 28 de xuño
13:30: EF ORIENTE - ALEVÍN B, en Arriondas
18:00: ALEVÍN B - DÍNAMO, en Cangas de Onís

O primeiro de grupo accede directamente a cuartos de final, que arrancarán o sábado 30 de xuño ás 9:00 en Arriondas e Cangas de Onís.

Pola súa banda, o segundo clasificado xogará unha eliminatoria previa de acceso a cuartos de final contra o terceiro doutro grupo, o venres 29 de xuño a partir das 16:30 en Arriondas.