RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A apea ao ED Luis Calvo Sanz e accede á Fase Intermedia do Campionato Galego

O Benxamín A volveu vencer ao ED Luis Calvo Sanz (7-0) no partido de volta de cuartos de final das eliminatorias de acceso á Fase Intermedia do Campionato Galego. Na ida xa se impuxeron os branquiazuis (0-5).

Martín López -2-, Hugo Luaces, Jorge Fernández, David Gómez, Álvaro Gómez e Hugo Pousa foron os goleadores do Benxamín A en este choque de volta.

Benxamín A: Roi Castro, Yoel Puñal, Brais Martínez, Martín López, Hugo Luaces, Hugo Pousa, Nacho Villanueva e Jorge Fernández. Tamén xogaron: Roque Martínez, Álvaro Gómez, Iván Gil, David Gómez e Hugo Macedo.

Con este resultado, o Benxamín A clasifícase para a Fase Intermedia do Campionato Galego que se disputará o vindeiro sábado 21 de maio no campo de Río Seco de Narón.

Os resultados do Benxamín A nesta eliminatoria de acceso á Fase Intermedia foron os seguintes:

Cuartos de final
ED Luis Calvo Sanz 0 - Benxamín A 5 (Nacho Villanueva -5-)
Benxamín A 7 (Martín López -2-, Hugo Luaces, Jorge Fernández, David Gómez, Álvaro Gómez e Hugo Pousa) - ED Luis Calvo Sanz 0