RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Benxamín A, campión da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito

O Benxamín A proclamouse campión da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito ao vencer (0-2) ao Atlético Coruña Montañeros CF na segunda xornada (e última para os deportivistas) da Fase Final, competición que se xoga en formato de liga a unha soa volta. O Fabril FC Benxamín completa este grupo. Os tres equipos quedaron campións dos seus respectivos subgrupos na primeira fase.

Nico e Thiago foron os autores dos goles do Benxamín A neste partido ante o Atlético Coruña Montañeros CF disputado na Torre.

Benxamín A: Alejandro Pais, Sergio, Yael, Nico, Leo, Íker, Mateo e Thiago. Tamén xogaron: Brais Taín, Hugo e Mario.

Con este resultado, o Benxamín A sumou seis puntos de seis posibles, con oito goles a favor e ningún en contra. Os outros dous rivais do grupo, Fabril FC Benxamín e Atlético Coruña Montañeros CF, teñen cero puntos, a falta da última xornada na que se enfrontan ambos os equipos.

Os resultados do Benxamín A nesta segunda fase foron os seguintes:

Benxamín A 6 (Íker -3-, Mario, Yael e Thiago) - Fabril FC Benxamín 0
Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Benxamín A 2 (Nico e Thiago)