RCD / NOVAS

O Benxamín A cítase esta tarde co Orillamar en cuartos de final do Mini Teresa Herrera

17/06/2019 11:34

O Benxamín A enfróntase hoxe luns 17 de xuño ao Orillamar SD nos cuartos de final do Mini Teresa Herrera.

A eliminatoria, a partido único, xogarase ás 20:00 horas en San Pedro de Visma.

En oitavos de final, o Benxamín A superou ao Victoria CF (2-1), con goles de Xoel e Paulo.