RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
INFANTÍS

O Benxamín A dá lustre ao cartel do torneo Cidade de Pontevedra

O Benxamín A, vixente campión galego, dá lustre ao cartel da 20ª edición do Torneo Cidade de Pontevedra de fútbol 7, que se xoga esta fin de semana nos campos da Xunqueira (Pontevedra).

O conxunto que prepara Pablo Barros quedou encadrado na Primeira Fase no grupo D, co Sporting Clube de Portugal, AJ Lérez e ED Val Miñor.

O calendario de partidos do equipo branquiazul é o seguinte:

Sábado 9 de xuño
Primeira Fase
11:30: BENXAMÍN A - SPORTING CLUBE DE PORTUGAL (campo 2)
13:30: BENXAMÍN A - ED VAL MIÑOR (campo 1)
18:00: BENXAMÍN A - AJ LÉREZ (campo 2)

Os 3 primeiros clasificados do grupo accederán a unha Segunda Fase, que arranca a partir das 18:30 horas.

O domingo 10 será unha Fase Final e a Fase de Consolación para o resto de equipos.

Un equipo infantil representa ao Dépor no torneo do ASC Hazebrouck en Francia

Un equipo infantil representará esta fin de semana ao Deportivo no torneo organizado polo ASC Hazebrouck na localidade de Hazebrouck (Francia).

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase co ASC Hazebrouck, Laarbeek United (Holanda) e SC Hazebrouck.

O calendario da Primeira Fase para o Deportivo é o seguinte:

Sábado 9 de xuño
11:00: DEPORTIVO - ASC HAZEBROUCK
11:45: DEPORTIVO - LAARBEEK UNITED
14:30: DEPORTIVO - SC HAZEBROUCK

O domingo a partir das 9:30, os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final. O resto de equipos disputará unha Fase de Consolación polo resto de postos.

Real Madrid, Yokohama, Athletic Club e Lagun Onak examinan ao Alevín B en Azpeitia (Guipúscoa)

O Alevín B terá duros rivais na Primeira Fase da Azpeitia Cup 2018, que se celebra na citada localidade guipuscoana desde mañá venres 8 de xuño.

O cadro que prepara Alberto Suárez quedou encadrado no grupo A, co Real Madrid, Yokohama Marinos (Xapón), Athletic Club e Lagun Onak.

O calendario de partidos é o seguinte:

Primeira Fase
Venres 8 de xuño
18:30: REAL MADRID - ALEVÍN B (campo 1)

Sábado 9 de xuño
12:00: ALEVÍN B - YOKOHAMA MARINOS (campo 3)
16:30: LAGUN ONAK - ALEVÍN B (campo 3)
18:00: ALEVÍN B - ATHLETIC CLUB (campo 4)

Os dous primeiros de grupo acceden a unha Segunda Fase, que arranca o domingo ás 9:00 horas, da que sairán os semifinalistas.

A Cerdanyola Cup, novo reto para o Infantil A

O Infantil A participa esta fin de semana na Cerdanyola Cup 2018, 4º Memorial Marc Badia de fútbol 11, que se xoga nas instalacións de Bòbila e Pinetons de Cerdanyola del Vallès (Barcelona).

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo B, coa UE Sants, Cerdanyola C e Levante UD.

O calendario de partidos do Infantil A é o seguinte:

Sábado 9 de xuño
14:30: INFANTIL A - UE SANTS (campo de Pinetons)
16:15: CERDANYOLA C - INFANTIL A (campo de Bòbila)
18:00: INFANTIL A - LEVANTE UD (campo de Bòbila)

Os tres primeiros clasificados acceden a oitavos de final, que, baixo o sistema de eliminatoria, arrancan o domingo a partir das 10:05 horas.

O Alevín A regresa de LaLiga Promises ao Torneo Concello de Carballo

O Alevín A, tralo seu brillante paso por LaLiga Promises a pasada fin de semana, regresa á competición este sábado 9 de xuño coa disputa da 14ª edición do Trofeo Concello de Carballo de fútbol 7, organizado polo Club Escolas Calvo no campo das Eiroas.

O torneo xogarase baixo o sistema de liga todos contra todos. Os 4 primeiros clasificados pasan ás semifinais, das que sairán os dous finalistas aspirantes ao título.

Comparten cartel co conxunto deportivista os seguintes equipos: Sporting de Gijón, Selección Costa da Morte, Celta, Oviedo, Calasanz, AFA Angola, Luis Calvo e Real Sociedad.

O calendario do Alevín A que prepara Roberto Veres é o seguinte:

Sábado 9 de xuño
Primeira Fase
9:45: AFA ANGOLA - ALEVÍN A (campo 2)
11:30: ALEVÍN A - SPORTING DE GIJÓN (campo 1)
12:40: CALASANZ - ALEVÍN A (campo 1)
17:40: ALEVÍN A - OVIEDO (campo 1)
19:25: REAL SOCIEDAD - ALEVÍN A (campo 1)
20:35: ALEVÍN A - CELTA (campo 1)

Domingo 10 de xuño
9:30: EF LUIS CALVO - ALEVÍN A (campo 1)
11:15: ALEVÍN A - SELECCIÓN COSTA DA MORTE (campo 1)